O Eve Cornelious Quartet – USA – do que forma parte o guitarrista lucense Telmo Fernández están de xira este outubro (Barcelona, Madrid…) e pasarán por Vilalba, Lugo e Monforte nas seguintes datas:

Día 22. 20:30 h. Auditorio Municipal de Vilalba.
Día 23. 20:00 h. Casa da Xuventude. Lugo.
Día 24. 19:30 h. Edificio Multiusos. Monforte de Lemos.

Os concertos son en interior e a entrada é gratuíta ata completar cabida.

Telmo Fernández  estará acompañado polos norteamericanos Eve Cornelius, o organista Brian Charette e o batería Jason Brown.

Esta estadía será a antesala da gravación dun novo traballo discográfico de Telmo Fernández con composicións propias de Jazz, Soul e Blues que verá a luz a finais de 2021, principios de 2022.