Novo evento musical en Lugo, o «I encontro de zanfona de Lugo», terá lugar a fin de semana do 17 de setembro e o programa é o seguinte: 

PROGRAMA «I encontro de zanfona de Lugo» 

A entrada aos concertos será gratuíta ata completar a cabida da carpa da Pza da Soidade

Venres 17

Actuacións de rúa entre as 18:30 e as 20:30

– O cego e o criado

– Os cegos da veneira

Concerto na praza da Soidade ás 20:30

– Tundal

Sabado 18

Concerto didáctico para nenas na praza da Soidade ás 12:00

– Luís Caruncho e Chus Folqueira

Concerto na praza da Soidade ás 13:00

– Miro Casabella

Actuacións de rúa entre as 18:30 e as 20:30

– O cegho de Matamá e Aldariña de Candeán

– Escola cultural municipal de zanfona de Narón

– Zanfoneiros da Tradescola

Concerto na praza da Soidade ás 20:30

– Pärbo

Domingo 19

Actuacións de rúa entre as 11:30 e as 13:30

– Monifates

– Grupo de zanfonas da EIPG de Suso Vaamonde

Aula aberta de Zanfona entre as 12:00 e as 13:00 horas

– Aula de Germán Díaz con alumnado da Tradescola

Concerto na praza da Soidade as 13:00

– Obal

Foto: Gab. Com. Cultura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou xunto con Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola e Xaneco Tubío, presidente da AGG representantes da Asociación de Gaiteiras Galegas o I encontro de zanfona de Lugo, que terá lugar durante esta fin de semana. Maite Ferreiro afirmou que “con este encontro buscamos dar a coñecer a zanfona, dándolle o protagonismo ás distintas propostas existentes con este instrumento tanto na música tradicional como na contemporánea”.

A edil de Cultura destacou a riqueza da música tradicional galega, e destacou que “a música tradicional galegas está considerada como unha das máis ricas de europa tanto en calidade como en cantidade e variedade”, e destacou que “con este encontro homenaxearemos a todas as persoas que adicaron e adican a súa vida a coñecer e explorar os usos da zanfona para manter viva a súa riqueza cultural”.