Xogos e espectáculos , cinema, música coas actuacións de Rodrigo Romaní, Tundal, Iseo A Moura, Ruth León acompañada de David Taboada, Totasong, a Banda Filharmónica de Lugo, a Escola Municipal de Música e Édgar Bao…zona de lecer infantil, obradoiros ou a visita de Papá Nöel e os Reis Magos;  o VI Mercado de Nadal e unha axenda de recitais de corais, nas que actuarán distintas agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais da cidade entre as múltiples actividades promovidas polo Concello e a Deputación de Lugo

Decembro 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e a Deputada de Cultura, Pilar Porto, presentaron este venres, no patio central do Vello Cárcere, as actividades organizadas por Concello e Deputación en Lugo para este Nadal. En conxunto é unha programación de propostas diversificadas, con un cento de alternativas para non quedarse na casa. 

Por unha banda, están os xogos e espectáculos que o Concello preparou para pasar estas datas en familia, con diferenciación para a primeira infancia, de 0 a 6 anos, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e para rapaces e rapaces de 6 a 12 anos, no Vello Cárcere. No primeiro dos casos hai 9 actividades e desenvolveranse do 23 de decembro ao 4 de xaneiro, todos eles ás 17:30 horas. Para participar nestas actividades de teatro, música e monicreques, é preciso recoller tarxetas de pase na propia semana da actuación na Biblioteca Municipal. Establécense en 35 o número máximo de nenas e nenos participantes en cada sesión. No segundo caso, a programación, de temática diferente cada día, é do 22 de decembro ao 4 de xaeniro; e realizarase en dúas quendas: de mañá, entre as 11:30 e 13:30 horas, e de tarde, dende as 17:30 ás 19:30 horas. Para participar nestes obradoiros, que van dende decoración de bólas de nadal, a creación de instrumentos musicais ou pintura en porcelana e creación de adornos con feltro, entre outros; é preciso inscribirse a través do 010.

Gran cinema de Nadal
Na proposta do Concello tamén hai cinema, en concreto unha exquisita selección de filmes do cinema clásico para todos os públicos no auditorio do Vello Cárcere. As sesións, todas ás 18:30 horas, serán o 22, 23, 29 e 30 de decembro, e 3 de xaneiro, que hai sesión doble, tamén ás 20:30 horas. As películas son O apartamento, O bazar das sorpresas, Plácido, De ilusión tamén se vive, Canción de Nadal e A muller do bispo.

O toque máis musical
O Nadal 2018-2019 tamén contempla música. Para elo, o Concello organizou o concerto de Rodrigo Romaní, o 23 de decembro ás 12:30 horas, a actuación de Tundal, o 27 de decembro dende as 19:30 horas; a actuación de Iseo A Moura, un espectáculo de narración oral e música ao vivo, o 28 de decembro, o concerto de Ruth León acompañada de David Taboada, o 30 de decembro, e os contacánticos de Totasong, o 4 de xaneiro, ás 18:30 horas. Todas elas serán no Vello Cárcere.

Pero tamén haberá música no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o 2 de xaneiro, dende as 20:30 horas o gran concerto de aninovo da Banda Filharmónica de Lugo, e o 4 de xaneiro, o artista lucense Édgar Bao, quen tamén estivo presente na presentación, dará a coñecer o seu novo single Tu vida en la mía.

A Escola Municipal de Música ofrecerá o seu concerto de Nadal o 19 de decembro, no Vello Cárcere.

Outras propostas lúdicas
Carmen Basadre tamén avanzou outras propostas, como a andaina E a terra coloreou de ferro as nosas paisaxes, o 16 de decembro, dende as 10:30 horas. Para participar é preciso inscribirse na Oficina Municipal de Turismo.

En canto a propostas lúdicas-educativas que terán lugar no Vello Cárcere, haberá unha mesa redonda sobre a memoria histórica e literativa, coas hispanistas da Universidade de París Este, Chistine Delfour e Marie-Blanche Requejo Carrió, o 18 de decembro ás 20:00 horas; a presentación da novela de Xavier Alcaldá, The Making Of, o 19 de decembro ás 20:00 horas; e o debate Nora Helmer, un portazo ao sistema patriarcal, con Paloma Lugilde e os actores de Estudo do Momento; o 20 de decembro, ás 20:30 horas. Así mesmo, este centro sociocultural acollerá unha representación teatral da obra 1879. Casa de Bonecas, o 21 de decembro ás 20:30 horas e un concerto de música antiga, o 22 de decembro, ás 13:00 horas, a cargo do grupo Meendinho, integrado por Paulina Ceremuzynska e Carlos Vázquez.

A Festa de Benvida ao Apalpador, unha actuación itinerante procedente da Avenida da Coruña ata a Casa Consistorial o 22 de decembro dende as 16:30 horas; ou a presentación do libro de Toño Núñez, A gotiña viaxeira, ese mesmo día dende as 18:30 horas no MIHL; forman parte desta programación.

Nadal na Casa da Xuventude
A Casa da Xuventude acollerá o 15 de decembro, dende as 17:30 a festa Swing Nadal, coa actuación de Por mí swing e petiscos. Ao día seguinte, haberá unha excursión aos Ancares, con saída dende as propias instalacións municipais da Casa da Xuventude , s 08:30 horas.

A maiores, do 17 de decembro ao 3 de xaneiro, hai obradoiros para fabricar agasallos, do 18 ao 26 de decembro, de gorros, bufandas e guantes; do 18 de decembro ao 4 de xaneiro, de doces de Nadal e o 27 e 27 de decembro de maquillaxe de terror. Entre o feixo de actividades organizadas polo Concello tamén está unha viaxe á neve, o 27 de decembro; así como ioga, pilates e zumba. O 28 de decembro, a entidade local poñerá en marcha un rastrexo de inocentes no monte Segade.

As inscricións para todas estas actividades deben facerse na Casa da Xuventude, na rúa Xesús Val y Gay, 26 ou no teléfono 982-29-74-44.

O Papá Noel e os Reis visitan o Mercado
O Mercado Municipal e da Praza de Abastos tampouco son axenos ao Nadal. De feito, haberá diversos obradoiros, para nenos e nenas de 4 a 12 anos, os días 26, 27 e 28 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas. É necesario inscribirse no 010. Tamén ahberá unha zona infantil, de 2 a 8 anos, de luns a venres, excepto festivos, no que os nenos e nenas poderán gozar con actividades mentres os papás e mama´s mercan con tranquilidade.

Estas instalacións recibirán a visita de Papa Nöel, o 22 e o 24 de decembro, de 11:30 a 13:30 horas; e dos Reis Magos, o 4 e 5 de xaneiro, o primeiro dos días de 17:30 a 19.30 horas, e o segundo, de 11:30 a 13:30 horas.

5 de xaneiro
Para o 5 de xaneiro o Concello ten preparada a Cabalgata de Reis, con saída ás 18:00 hroas do Parque da Milagrosa. Unha hora antes, na Praza de Santo Domingo, na rúa da Raíña e na Praza Maior, haberá o espectáculo O Rancho de Reis, con interpretacións de catro danzas tradicionais: a danza de fitas, a de arcos, a de paos e a de castañetas.

Mercadiños de Nadal e corais
A Deputada de Cultura avanzou as actividades que promove a Deputación na capital da provincia. A programación inclúe o VI Mercado de Nadal, na Praza de San Marcos, que se inaugurará o día 21 e durará ata o 5 de xaneiro, e contará con 13 postos de artesanía e unha caseta na que se realizarán os obradoiros para os máis pequenos.

A cidade tamén acollerá recitais de corais, nas que actuarán distintas agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais da cidade.

Xoves, 20 de decembro
19:00 horas.- Orfeón Xoán Montes.-Fondo Praza Maior-Rúa Raíña- Rúa Progreso esquina Rúa San Pedro
Sábado, 22 de decembro
19:00 horas.- Ecos do Miño- Rúa Raíña-Fondo Praza Maior – Praza do Campo
Luns, 24 de decembro
12:00 horas.- Asociación Coro San Antonio- Rúa San Marcos – Rúa Progreso equina Rúa San Pedro – Rúa Raíña
Mércores, 26 de decembro
18:30 horas.- Cantar Delas.- Bispo Aguirre-Praza Maior- Praza Santa María
Xoves, 27 de decembro
20:00 horas.- Coral H. Xeral Calde- Rúa Raíña-Fondo Praza Maior – Praza do Campo
Venres, 28 de decembro
18:00 horas.- Schola Gregoriana Lucense – Rúa Raíña-Fondo Praza Maior – Praza do Campo
20:00 horas.- Orfeón Lucense.- Bispo Aguirre-Praza Maior- Praza Santa María
Xoves, 3 de xaneiro
20:00 horas.- Coro Asociación Amigos C. Santiago – Rúa San Marcos – Rúa Progreso equina Rúa San Pedro – Rúa Raíña

Xunto a este mercadiño, a feira Artenadal abrirá as súas portas o 21 de decembro e ata o 5 de xaneiro, agás o 25 de decembro e 1 de xaneiro, en horariod de 11:00 a 14:30 horas, e de 17:00 a 21:00 hroas, na Praza Anxo Fernández Gómez.

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL EN IMAXES. CLICA PARA AS VER MÁIS GRANDES: