Do 18 ao 21 de xuño en Lugo, máis de 300 actividades que encherán a cidade de historia, emoción e espectáculo.

Grandes desfiles, recreacións históricas, campamentos, concertos, espectáculos itinerantes e centos de propostas para todos os públicos.
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polos concelleiros de xuventude e deportes, Damián Carballo, de Cultura e Educación, Javier Vázquez e de turismo e museos, Agustín Gallego, así como representantes de diferentes asociacións de recreación histórica deron a coñecer unha programación especial para conmemorar o XXV aniversario da festa, unha edición bautizada como Annus Argenteus que volverá converter as rúas da cidade nun gran escenario de recreación histórica.

«Presentamos o Arde Lucus no lugar onde conflúen os tres patrimonios mundiais porque son precisamente a nosa historia e o noso patrimonio os que fan posible unha festa única como esta… o noso goberno ten un reto, queremos que o valor do que definimos como un dos patrimonios inmateriais que ten a cidade (o Arde Lucus) teña presenza os 365 días do ano; aproveitaremos a investigación e o traballo das Asociacións de Recreación histórica dándolles un espazo físico no MIHL» Elena Candia.

ARDE LUCUS 2026 - PROGRAMA

Entre as novidades desta edición destaca a incorporación de Celtica Pipes Rock e Grimorium á programación musical. Celtica Pipes Rock actuará o sábado pola noite na Praza de Santa María cun espectáculo que fusiona música celta e rock, mentres que Grimorium achegará ao Arde Lucus unha proposta escénica baseada na percusión, o lume e a animación de rúa. Xunto a eles, Abraham Cupeiro será o encargado de poñer o broche final á programación musical da festa o domingo.

Outra das novidades será a ampliación do Circus Maximus, un dos actos máis multitudinarios da celebración, que nesta edición contará cunha terceira sesión nocturna para facilitar a asistencia do público e ampliar a oferta de espectáculos.

XOVES 18

20:30 horas Ponte Romana e Paseo Fluvial do Miño. Acto de inicio

21:00 horas Ponte Romana. Chegada das lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio “O Vello”

21:30 horas Pr. Santa María. Rito á deusa Diana Con Asamblearias de Lvcvs Avgvsti

22:30 horas Fondo Pr. Maior. Acendido do lume sagrado de Vesta. Con Vestales de Lvcvs Avgvsti

23:00 horas Rúas da cidade. Espectáculos itinerantes. Con Kaltie e Tambukada

VENRES 19

12:00 horas Pr. Maior Exhibición de ecopercusións

16:00 horas Rúas da cidade Espectáculos itinerantes polas rúas da cidade Con Bakan, Malatitsch, Trip Malabar, Turdión, Gravity, Tambubkada, Fauno e Títeres

17:00 horas Parque Rosalía de Castro Presentación da escultura de casco galaico e pedestal Con Trebas Galaicas

17:00 horas Costas do Parque Rosalía de Castro Misión: Salvar a Roma Inscricións na web de Xuventude!

17:00 horas Pr. Santa María Loita de gladiadores Con Ars Dimicandi

17:30 horas Parque Rosalía de Castro Acendido do lume e invocación aos deuses galaicos Con Lugdunum

17:30 horas Do Macellum á Castra Desfile Con Tympana Galaica

18:00 horas Parque Rosalía de Castro Taller infantil: elaboración de cestos de mimbre e médula Con Civitas Lucensis

18:00 horas Pr. Armanyá Teatrvm: A Profetisa Con Nova Escena Teatro

18:00 horas Pr. Maior (Xunto ao Círculo das Artes) Bautismos Celtas

19:00 horas Pr. Maior Anuncio da morte da vestal Con Vestales de Lvcvs Avgvsti

20:00 horas Itinerante Vixías polas rúas do centro Con Caetra Lvcensivm

20:00 horas Pr. Maior (Xunto ao Círculo das Artes) Vodas Celtas

20:00 horas Pr. Maior Loita de gladiadores Con Ars Dimicandi

20:30 horas Pr. Santa María Asamblea Galaica: Declaración de Guerra Con Tir Na N’Og, Lvgdvnvm, Mercenarios Galaicos, Clan de Breogán, Terra Copora, Civitas Lvcensis, Lvcvs Icenas Miliatore, Trebas Galaicas

21:30 horas Pr. Maior Traditio Stipadivm Cohors III Lvcensivm

22:00 horas Pr. Maior Teatrvm: Sesión do Senado Con Senatvs Lvcvs Avgvsti

22:30 horas Pr. Santa María Grimorivm 

23:00 horas Itinerante As mulleres iluminan a noite Con Salesiani Lvci Avgvsti e Kértix

23:00 horas Itinerante dende Pr. Maior Troula

23:00 horas Pr. Anxo Fernández Gómez Malatitsch (espectáculo con lume)

23:30 horas Capela de San Roque Pretoriano caído Con Gvardia Pretoriana

00:00 horas Horta do Seminario Wicker Man Con Mercenario Galaicos

00:00 horas Pr. Pío XII VI Mvrvs Lvcis (Carreira nocturna) Inscricións e Regulamento na web de Championchip Norte! (10 ao 16 de xuño). Recollida de Dorsais e Vestimenta: xoves 18 e venres 19 na Casa da Xuventude en horario de apertura.

SÁBADO 20

11:00 horas Polas rúas da cidade Espectáculos itinerantes polas rúas da cidade Bakan, Kaltie, Grimorium, Malatitsch, Trip malabar, Turdión, Vulcano, Gravity, Tympana Galaica, Tambukada, Fauno e Títeres.

11:30 horas Parque Rosalía de Castro Camiñando xuntos pola historia Con Terra Copora

11:30 horas Pr. Maior Spvgnativm Con Cohors III Lvcensivm, Tir Na N’Og, Lvcvs Icenas Miliatore e A Castronela

12:00 horas Pr. de Ferrol Coupona Con Caetra Lvcensivm

12:00 horas Pr. Anxo Fernández Gómez Grito de Liberdade: Arenga de Boudica Con Lvcvs Icenas Miliatore

12:00 horas Parque Rosalía de Castro Presentación de reproduccións de ourivería e cerámica Con Clan de Breogán

12:00 horas Avenida Rodríguez Mourelo Escaramuzas aos lexionarios Con Pax Romana, Lvgdvnvm e Lvcvs Eqvites

12:00 horas Explanada Pavillón Municipal Xogos Píticos

12:00 horas Pr. Maior Teatrvm: De Nihilo Victoria Con Juan Casaveteiro

12:30 horas Pr. Maior Recepción de tropas e tribos estranxeiras e nombramento de Civitas Honoris
Tropas e tribos estranxeiras: Astvres de Carabanzo (Asturias), Astvres y romanos (Avstvrica Avgvsta), Tempvs Viatorvm (Asturias), Fundación Terra Termarvm de Castro (Lalín Pontevedra), Hermanos de armas(Arnedo la Rioja), Gverras Cántabras Hoplitas (Cartagena), Vindicta (Lvcus Augusti), Terra Apvlvm- Legio I Adivtrix (Rumanía), Astures y Romanos(Avstvrica Avgvsta), Asoc Española de Fiestas de Recreación Histórica (Cartagena), Carthagineses y Romanos (Cartagena), Colegivm Emeritae Legios VI Vitrix (Avstvrica Avgvsta), Civitas Limicorvm (Xinzo de Limia), Speculatores Augusto Coh Prae Castulo – Linares.

12:30 horas Pr. Santa María Loita de gladiadores Con Ars Dimicandi

13:00 horas Pr. Maior Teatrvm: Sesión do Senado Con Senatvs Lvcvs Avgvsti

13:30 horas Itinerante Desfile con percusión Con Lvcvs Eqvites

17:00 horas Parque Rosalía de Castro O trampeiro Con Terra Copora

17:00 horas Itinerante Desfile polas rúas de Lvcvs Avgvsti Con Salesiani Lvci Avgvgsti

17:00 horas Pr. Maior Teatrvm: De Nihilo Victoria Con Juan Casaveteiro

17:00 horas Pr. Santa María Loita de gladiadores Con Ars Dimicandi

17:30 horas Rúa Anxo López Pérez (Edif. Administración Concello) Crea o teu mosaico Con Lvcvs Eqvites

17:30 horas Itinerantes polas rúas do centro Teatrvm: Ad Vini Vocem Con Achádego Teatro

17:30 horas Pr. Maior (Xunto ao Círculo das Artes) Bautismos Celtas

18:00 horas Explanada del Pavillón Municipal Circvs Máximvs Espectáculo con entrada. Só se poderá acudir con entrada e recoméndase ir caracterizada/o con atavíos da época. Venda de entradas na web de Entradas Lugo (6 euros)

18:30 horas Cantiño Nemesio Cobreros Asalto ao monte Medvlio Con Gvardia Pretoriana, Trebas Galaicas e Mercenarios Galaicos

18:30 horas Avenida Rodríguez Mourelo Silva Tenebrarum «Amor incanmenta et maledictiones» Con Kertix

18:30 horas Parque Rosalía de Castro Traballo metalúrxico nos poboados galaicos Con Tir Na N’Og

18:30 horas Porta de San Pedro Lendas da Muralla de Lugo

19:00 horas Pr. Anxo Fernández Gómez «Susurros del roble: el oráculo de las piedras» Con Lvcvs Icenas Miliatore

19:00 horas Pr. Maior (Xunto ao Círculo das Artes) Vodas celtas

19:30 horas Pr. Maior Loita de gladiadores Ars Dimicandi

20:00 horas Ronda da Muralla (comeza na Porta de Santiago) Desfile de tropas romanas e tribos castrexas
Terra Copora, Civitas Lvcensis, Lvcvs Icenas Miliatore, Son de Lvgh, Lvgdvnvm, Gverras Cántabras, Mercenarios Galaicos, Trebas Galaicas, Clan de Breogán, Astvres de Carabanzo (Asturias), Astvres y romanos (Avstvrica Avgvsta), Tempvs Viatorvm (Asturias), Fundación Terra Termarvm de Castro (Lalín Pontevedra), Hermanos de armas (Arnedo La Rioja), Tir Na No´g, A Castronela, Caesar, Caio Antisio, Pavlo Fabio e autoridades Senatus de Lvcvs Avgvsti, Vestales de Lvcvs Avgvsti, Lvcvs Eqvites, Caetra Lvcensivm, Asamblearias de Lvcvs Avgvsti, Gvardia Pretoriana Hoplitas (Cartagena), Vindicta, Speculatores Augusto Coh Prae Castulo – Linares, Salesiani Lvci Avgvsti, Kertix, Cohors III Lvcensivm, Terra Apvlvm- Legio I Adivtrix (Rumanía), Pax Romana, Astures y Romanos(Avstvrica Avgvsta), Asoc Española de Fiestas de Recreación Histórica(Cartagena), Carthagineses y Romanos(Cartagena), Colegivm Emeritae, Legios VI Vitrix( Avstvrica Avgvsta) Civitas Limicorvm (Xinzo de Limia

22:30 horas Explanada del Pavillón Municipal Circvs Maximvs Noctvrno Espectáculo con entrada. Só se poderá acudir con entrada e recoméndase ir caracterizada/o con atavíos da época. Venda de entradas na web de Entradas Lugo (6 euros)

22:30 horas Pr. Maior Vulcano (Espectáculo con lume)

23:00 horas Pr. Santa María Concerto: Celtica Pipes Rock!

DOMINGO 21

11:00 horas Polas rúas da cidade Espectáculos itinerantes polas rúas da cidade Con Bakan, Kaltie, Grimorium, Malatitsch, Trip Malabar, Turdión, Gravity, Tympana Galaica, Tambubkada, Fauno e Títeres

11:30 horas Pr. Maior e Ronda da Muralla Desfile dos Scholarvm

CEIP Paradai, CEIP As Gándaras, CEIP Illa Verde, CEIP Menéndez Pelayo, CPR La Inmaculada, CEIP A Ponte, CPR A Milagrosa , CPR Divino Maestro, CEIP Anexa, CEIP As Mercedes, CPR Franciscanos, CPR María Auxiliadora, CEIP Quiroga Ballesteros, CEIP Albeiros, CEIP Casás, CPR San Xosé, CPR Cervantes, CEIP Rosalía De Castro, EEI Fingoi II

11:30 horas Escaleiras da Praza de Abastos Teatrvm: Venda de escravos Con Asociación Curuxán

11:30 horas Xardíns do Museo Provincial Entvertvs Legalis Con Asamblearias de Lvcvs Avgvsti

12:00 horas Parque Rosalía de Castro Remedios Naturais da Curandeira Galaica Con Lvgdvnvm

12:00 horas Avenida Rodríguez Mourelo Mitos e Morais para os mortais Con Kertix

12:00 horas Pr. Maior Teatrvm: De Nihilo Victoria Con Juan Casaveteiro

12:15 horas Parque Rosalía de Castro Asalto ao pobo castrexo Con Clan de Breogán

12:30 horas Pr. Maior Loita de gladiadores Con Ars Dimicandi

13:00 horas Pr. Maior Teatrvm: Pesadelo na noite Con Pinchacarneiro

13:00 horas Porta de San Pedro Lendas da Muralla de Lugo

13:30 horas Ronda da Muralla (Mosqueira) Nacemento dun pobo galaico-romano Con Asociacións de Recreación Histórica de Lugo

16:00 horas Explanada Pavillón Municipal Xogos Píticos

17:00 horas Pr. Maior (Xunto ao Círculo das Artes) Bautismos Celtas

17:00 horas Explanada del Pavillón Municipal Circvs Maximvs Infantil Espectáculo con entrada. Só se poderá acudir con entrada e recoméndase ir caracterizada/o con atavíos da época. Venda de entradas na web de Entradas Lugo (6 euros)

17:00 horas Parque Rosalía de Castro Obradoiro infantil: Elaboración de pulseiras e complementos Con Civitas Lvcensis

17:30 horas Parque Rosalía de Castro Construción dunha coracle Con Tir Na N’Og

18:00 horas Pr. da Constitución Lavdatio Fvnebris Con Pax Romana

18:00 horas Pr. Maior Loita de gladiadores Con Ars Dimicandi

18:30 horas Pr. Maior (Xunto ao Círculo das Artes) Vodas Celtas Con Clan de Breogán

18:30 horas Parque Rosalía de Castro Aquilea e Amazon enfréntanse na area Con Salesiani Lvci Avgvsti

19:00 horas Pr. Maior Teatrvm: De Nihilo Victoria Con Juan Casaveteiro

21:30 horas Fondo Pr. Maior (Templo Vestales) Apagado del lume sagrado de Vesta Con Vestales de Lvcvs Avgvsti

22:00 horas Pr. Anxo Fernández Gómez Malatitsch (Espectáculo con lume)

22:30 horas Pr. Santa María Concerto: Abraham Cupeiro

Podes consultar toda a información do Arde Lucus 2026 en: https://ardelucus.com/gl/inicio/