DEC 2017 Resumo fotográfico dalgunhas actividades culturais da semana pasada na nosa cidade. De seguro que faltan porque non damos feito :), pero éstas son unha boa representación das que houbo. Consulta na nosa axenda as desta semana do 18/12 en adiante e disfruta do que pasa en Lugo, que pasan moitas cousas e de categoría!!!

Mercado navideño «Las casas del ARTyCO»ver + fotos

Bátega no Club Clavicémbalo

Improvisación teatral con «Lusco Fusco» no Clavi – chegamos ó final, á próxima estaremos desde o inicio 🙂 –

Estreno del cortometraje «Felicidad» Círculo de las Artes de Lugo

 Mini FaCeLa Fest con Isaac Pedrouzo e Dois, Sigilu, Surfin’ Bichos: VER + FOTOS

Conferencia do historiador Enrique Barrera sobre » Os galegos en Mauthausen» no Vello Cárcere. + info sobre a expo

 Visita fugaz á expo «Cruzar el horizonte» da artista Pilar Llamas no Vello Cárcere

O Espazo de Danza da USC e a Biblioteca Intercentros do Campus Terra USC celebran o vixésimo aniversario da posta en marcha destes servizos universitarios

Lectura de poemas e fotografía no Vello Cárcere en homenaxe a Fiz Vergara. Fotografías: Eu quero saír!!, froito do traballo do equipo de persoas usuarias e profesionais do Servizo de Atención Diurna Terapéutica de Fingoi de COGAMI en Lugo.

 Baixo o título de As razóns da diversidade o catedrático de mediciña Ángel Carracedo falou sobre a xenética e as súas aplicacións tales como a loita contra as enfermidades. Numeroso público ateigou o Auditorio do Vello Cárcere como nunca se vira ata ese día. O ciclo de conferencias continúa en xaneiro con José Daniel Edelstein, que falará sobre a relatividade xeral de Einstein, coa conferencia O discreto oleaxe do cosmos: + INFO