A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúa co festival de arte urbano Culturbán, que se iniciou o mes pasado coa realización dun combate de murais ao aire libre. O artista encargado, nete caso, foi “Davixino” – David Fernández Rodil e a obra escollida para continuar coas intervencións artísticas, realizando un mural A Polbeira, situado na ronda de Fingoi á altura das vivendas do grupo La Paz.
O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. “O obxectivo destas intervencións é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade”, explicou Maite Ferreiro.
O Artista grupo de artistas esta a ser coordinado por Iago Eireos, ao frente de Espazo Lupa. Foi “Davixino” – David Fernández Rodil procendente da localidade lucense de Burela o que plasmou a súa obra A Polbeira dentro do Festival de arte Cultúrban. “Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “é unha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería”.