«Os catro elementos» – Xornadas ambientais en Lugo
Durante o mes de xullo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) organiza obradoiros, andainas e visitas, cun eixo central, os catro elementos da natureza.
"Os catro elementos" - Xornadas ambientais en Lugo
O calendario das actividades é o seguinte:

LUME: Obradoiro Cociñando co sol, o sábado 4 de xullo ás 10h na Praza Maior diante do Concello.

AIRE: Obradoiro Fabricación de papaventos, o sábado 11 de xullo ás 10h, no Parque do Miño.

AUGA: Andaina na búsqueda das fontes de Lugo. O sábado 18 de xullo, ás 10 h. Punto de encontro no Pazo de San Marcos.

TERRA: Visita a unha olaría en Bonxe. O 26 de xullo ás 10h.

As xornadas de verao «Os catro elementos» organizadas por ADEGA naceron para axudar á identificación do ser humán ca natureza, representada polos catro elementos primordiais definidos por Aristóteles.

O lume representa a enerxía, sen a cal os ecosistemas non poden funcionar. Preguntarémonos sobre as diferentes formas de enerxía, das que o sol é fonte inesgotable. Neste obradoiro, traballaremos o manexo da enerxía solar no uso cotiá. Aprenderemos a fabricar o noso propio forno solar con materiais de refugallo e mostraremos como cociñar co sol. Este obradoiro organízase en colaboración co Banco de Tempo de Lugo.

Material necesario que cada quen debe traer: Caixa grande de cartón (40x30x40cm), papel de aluminio e cubertos para o xantar.

A atmosfera que envolve á Terra abríganos e fornécenos do ar que respiramos. Traballaremos este elemento, observando o seu movemento (vento) e as suas aplicacións prácticas e lúdicas. Neste obradoiro aprenderemos a fabricar papaventos con materiais naturais e de refugallo aprendendo a voalos.

Materiais necesarios: Períodicos e cañas de bambú.

A auga, no seu estado líquido é o elemento que caracteriza o noso planeta. Imprescindible para a vida, infelizmente está sendo moi agredida polo estilo de vida actual.

Percorreremos as rúas de Lugo buscando as fontes de auga e seguiremos o trazado do acueduecto primitivo. Son moitas as nacentes que existen na cidade, pero que por causa dun urbanismo pouco respetuoso co medio natural foron clausuradas co paso do tempo.

Cada día, a perda de solos fértiles é un fenómeno moi grave de deterioro ambiental en todo o mundo. A terra é a base e o sustento de toda a vida, mais tamén pode servir como material de construción ou para a fabricación de utensilios domésticos.

Visitaremos unha olería en Bonxe, e as barreiras de onde sacan esta materia prima.

Para todas as actividades é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 15 persoas, agás o obradoiro de fabricación de papaventos, que é de 10 persoas. Todas as actividades son de balde.
É necesario o uso de máscara en todas as actividades.