Máis dunha trintena de actuacións musicais, obradoiros e actividades para todas as idades compoñen a programación de tardeos e noiteos para o mes de agosto.

Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, para dinamizar as rúas e os barrios da cidade e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.

Os tardeos de agosto terán lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, mentres que os noiteos celebraranse de 21:00 a 23:00 horas. Toda a información sobre as diferentes actividades pode atoparse na páxina web https://localmentelucense.gal/tardeosnoiteos/

Programación dos tardeos e noiteos do mes de agosto

LUNS 1

  • TARDEO na Praza Roxa de Fingoi
  • Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Mr Fishman

o   NOITEO na Pr. da Soidade

o   Actuación musical con Wicked World

MÉRCORES 3

  • TARDEO no Parque Sagrado Corazón
  • Funny Photocall e DJ Lanneti Jr.

o   NOITEO na Rúa Divina Pastora

o   Actuación musical con Mustélidos

VENRES 5

  • TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
  • Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón.

o   NOITEO na Fonte dos Ranchos

o   Actuación musical con ¿Pero cómo que Señor?

SÁBADO 6

o   NOITEO na Rúa Rafael de Vega

o   Actuación musical con GreenBook

LUNS 8

  • TARDEO na Pr. Agro do Rolo
  • A Feira no teu barrio e DJ Alex Nite

o   NOITEO na Rúa Isaac Díaz Pardo

o   Actuación musical con Camiños do Fado

MÉRCORES 10

  • TARDEO na Fonte dos Ranchos
  • Conto Contigo con Capitana Conto e DJ Marcos Peón

o   NOITEO no Cruce As Gándaras

o   Actuación musical con Planeta B

VENRES 12

  • TARDEO  na Pr. Augas Férreas
  • Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Kron

o   NOITEO na Pr. Campo Castelo

o   Actuación musical con Carta de ajuste

SÁBADO 13

o   NOITEO en A Ponte

o   Actuación musical con Rut León y Familia

MARTES 16

  • TARDEO  na Pr. do Camiño Primitivo
  • Cirqueando na praza e DJ Fetén!

o   NOITEO na Rúa Divina Pastora

o   Actuación musical con Funkombo

MÉRCORES 17

  • TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
  • Festa e bailes na túa praza e DJ Popy García

o   NOITEO na Fonte dos Ranchos

o   Actuación musical con La Disquetera

XOVES 18

o   NOITEO na Rúa Rafael de Vega

o   Actuación musical con Wealman

VENRES 19

  • TARDEO na Pr. Viana do Castelo
  • Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Lanneti Jr.

o   NOITEO na Pr. Augas Férreas

o   Actuación musical a cargo de Muller

LUNS 22

  • TARDEO en A Ponte
  • Xogando no Barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Zé Pequeno

o   NOITEO en Cruce As Gándaras

o   Actuación musical con Physical Graffiti

MÉRCORES 24

  • TARDEO na Ronda das Mercedes (esquina Avda. Madrid)
  • Funny Photocall e DJ La Sombra del Humo

o   NOITEO na Pr. da Soidade

o   Actuación musical con Holy Damn Band

VENRES 26

  • TARDEO na Pr. Agro do Rolo
  • Cirqueando na praza e DJ Leivas

o   NOITEO na Rúa Divina Pastora

o   Actuación musical con Tango en Xan3iro

SÁBADO 27

o   NOITEO na Praza Augas Férreas

o   Mago Rafa

LUNS 29

  • TARDEO na Pr. da Soidade
  • Tardeo con maxia, co Mago Roberto Lolo e DJ Fetén!

o   NOITEO en A Ponte

o   Actuación musical con Marvin L

 

MARTES 30

  • TARDEO na Praza Augas Férreas
  • Conto Contigo con Capitana Conto e DJ Leivas.

 

MÉRCORES 31

  • TARDEO na Pr. da Milagrosa
  • Festival de reciclaxe e DJ Juan Chousa.