11 compañías teatrais de xira polos concellos de Lugo: Sarria, Quiroga, A Fonsagrada, Ribadeo, As Nogais, Lugo, O Saviñao, Guitiriz, O Vicedo, A Pastoriza, Burela, Sarria, Alfoz, Cospeito, Castroverde, Cospeito, Pol, O Páramo, Monterroso, O Valadouro, Becerreá, Foz, Guitiriz, Xove, Rábade, Monforte, Viveiro, O Corgo, Ribeira de Piquín, Friol, Sober, Begonte, Lourenzá, Muras, A Pobra do Brollón, Vilalba, Triacastela e Monterroso.

Trécola, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Producións Señor López, Xamón Produción, Ítaca Teatro, Pínconús, Batega, Teatro Baixo da Area e A Compañía Solitaria do Dr. Monifate xirarán desde este mes de agosto ata decembro con propostas escénicas para distintos públicos, desde teatro de títeres para público novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como Poeta en Nova YorK.

Na presentacion do circuíto, Maite Ferreiro, sinalou que coa reedición deste ciclo “a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén o apoio á rede de compañías profesionais da provincia, poñendo en marcha unha programación concreta que lles permite rendibilizar o seu traballo creativo, e contribuíndo, no medio prazo, a consolidar un público para o teatro e as artes escénicas en todas as comarcas”.

Fonte foto: Gab. Com. Vicepresidencia

Neste sentido, remarcou “a importancia de facilitar o acceso a propostas culturais de calidade en todo o territorio, de man de concellos e asociacións que precisan este tipo de colaboracións e iniciativas para ampliar as súas programacións culturais”.

Así mesmo, destacou “a calidade e capacidade creativa das compañías lucenses que en cada edición engaden algunha novidade ao catálogo de representacións do circuíto”, ao tempo que saudou “a estrea neste circuíto de compañías como Xamón Produción e Batega”.

Representacións en agosto: calendario e notas sobre as obras


4 de agosto. 20.00 horas. Círculo do Saviñao
Mircromina. Vacacións no mar.

Teatro de títeres de luva e silueta, ao tradicional estilo da cachiporra. Todos os públicos a partir de 3 anos.

A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chegou a porto no seu veleiro “Ovos con patacas”, pero nun descoido o pirata Ollo Virollo tomou prestada a súa nave para botarse ao mar. Tras esta
trepidante trama de acción… cumprirá finalmente Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

Autoría: Montaxe propia da Compañía.
Dirección: Zoila Gulín e Ton Arenas.
Titiriteiro: Ton Arenas.


11 de agosto. 18.00 horas. Alameda da Fonsagrada
Trécola Producións. Gaela quere ser druída

Teatro de marionetas de fío e varillas. Público infantil e familiar

Seica Gaela anda aburrida e persegue ao druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non atopa o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Pero o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!” Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, convencea de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druida que ela pode ser o que desexe se pon todo o seu empeño. Así, terá que
pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca. A través desta historia o público mergullarase na cultura castrexa, nos seus contos e na súas lendas. Trátase dunha obra que fomenta valores
como a igualdade de xénero, o coidado medioambiental, a autoestima e a importancia de perseverar para superar os retos que se plantexan.

Autoría: montaxe propia da Compañía.
Dirección: Ero Vázquez Cabrera. T
itiriteir@s: Ero Vázquez Cabrera e Isa García Coldeira.
Duración: 50 minutos

19 de agosto. 21.00 horas. Local Social de Cela. O Corgo Batega. O mundo de Martiña

Público maior de 14 anos.

Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai cousas que non logra entender, como, por exemplo, que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer
sempre a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo… cando é evidente o trabucados/as que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos, ou o anxo da garda observandoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar. Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar. Verémola
afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido nunca a abandoarán.

Autoría: obra propia da Compañía.
Dirección: Raquel L. Cendán.
Actores: Raquel L. Cendán e Pedro Insua.
Duración: 60 min.

21 de agosto. 19.00 hroas. Colexio de Louseiro. Sarria Ubú teatro. O vixiante dos soños

Teatro con monicreque. Público familiar a partir de 3 anos

Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu
obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.

Autoría: Ana Carreira.
Dirección: José Campanari.
Actrices e titiriteiras: Marga Portomeñe e Ana Carreira.
Duración: 45 min

25 de agosto.17.00 horas. Centro de día da Ribeira de Piquín Batega. O mundo de Martiña.

Público maior de 14 anos.

Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai cousas que non logra entender, como, por exemplo, que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer
sempre a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo… cando é evidente o trabucados/as que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos, ou o anxo da garda observandoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar. Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar. Verémola
afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido nunca a abandoarán.

Autoría: obra propia da Compañía.
Dirección: Raquel L. Cendán.
Actores: Raquel L. Cendán e Pedro Insua.
Duración: 60 min.

27 de agosto. 20.30 horas. Casa Veciñal de Linares. A Pobra do Brollón. A Compañía Solitaria do Dr. Monifate. Badman.. Un home malo

“Carpet show”, monólogo e concerto. Público maior de 16 anos.

Un home acepta e confesa a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Aínda que xa hai tempo que se descartou a frenoloxía como ciencia seguimos empregando os seus patróns de xeito
inconsciente. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir totalmente da maldade? Unha peza sobre unha alfombra con aproximacións á comedia e ao monólogo (cómico?) dende unha perspectiva filosófica. Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que, contrariamente ós pezas que “dialogan co público” permítese que o público responda e fale. Unha perspectiva que cuestiona da bondade de todo o ben que facemos.

Autoría: Gustavo Fouce.
Dirección: Gustavo Fouce.
Actor e músico: Gustavo Fouce.
Duración: 50 min.