Os pases terán lugar este xoves 6 e venres 7 de decembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas

Decembro 2018 Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves 06 e venres 07 en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Durante este 2018 o colectivo celebra o seu quinto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano se trasladou ao Club Clavicémbalo. Ao longo de todo este tempo se puxeron en escena máis de 150 micropezas de producción propia.

PEZAS

A vida das cousas Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Conchi Madrina, Anxo Manoel e Isa Herrero.

Vinganza Escribe e dirixe: Raquel López. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez, Conchi Madrina e Raquel López.

La farsa en el despojo ajeno Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan: Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.

Báculo Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero, Brian Rodríguez e Simón Onteniente.