O Vello Cárcere aposta polos artistas de Lugo

expos-vello-carcere-lugo

Setembro 2019 O día que a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informaba que un total de 6151 persoas visitaron o Vello Cárcere durante os meses de verán, tamén destacaba o traballo que se está a facer para que o Vello Cárcere sexa un centro de referencia da programación cultural da cidade, cunha programación cultural (xunto o MIHL e o auditorio municipal) do interese de toda a veciñanza de Lugo. 

Dentro desa programación cultural, continúa e aumenta a apota polos artistas lucenses: moitos dos artistas e actividades de «O que queda do verán» eran locais e nestes momentos podemos disfrutar de dúas expos dos lucenses Maximiliano López e Jesús Crende Novoa en boa parte do centro sociocultural.

Fixemos un paseo por cada unha e recomendamos que fagades o mesmo. Seguro que con estas fotos vos convencemos de facelo.

#eiquíagora de Maximiliano López

«Lugo Apocalíptico» de Jesús Crende Novoa, unha chamada de atención para cuidar o noso patrimonio

vello-carcere-lugo-horarios