In landscape mode de Christian Villamide en el
Centro de Galego de Arte Contemporánea
Del 27 de Septiembre de 2019 al 12 de enero de 2020.
Comisariado por: Paula Cabaleiro
Novembro 2019 O artista lucense Christian Villamide ven de cosechar outro éxito expositivo. Se en artigos anteriores falabamos de Ourense, Madrid ou Burgos, desta volta é “In landscape mode”. “En modo paisaxe” no Centro Galego de Arte Contemporáneo – Santiago – a expo que está a cosechar un grande éxito.
Christian Villamide(Lugo 1966) reflexiona nesta mostra acerca desa distancia que as persoas estamos a tomar fronte ao territorio que habitamos, para poñer o foco sobre a forza e a violencia coa que sometemos á natureza.
O artista fala dende a escultura e a instalación da paisaxe actual, visibilizando escenarios ou non-lugares que chegamos a ocultar como sociedade. Pon de relevo o conflito no que a economía capitalista está a someter á natureza e ao coñecemento en detrimento da especulación, inducindo e connotando un mundo de pobreza e destrución enerxética e ecolóxica.
“In landscape mode”. “En modo paisaxe” destapa elementos naturais agochados (e afogados) baixo o efecto do ser humano, ironiza sobre aqueles espazos naturais case prefabricados, acoutados, que semellan un ornamento inmellorable nas novas cidades etiquetadas como sostibles.
Reflexiona tamén sobre as novas tendencias completamente artificiais,nas que “vivir unha experiencia única na natureza” se torna nunha sorte de peregrinación de masas na procura da mellor instantánea, inmediatamente compartida nas redes sociais.
Directamente relacionado con isto, tamén nos fai pensar sobre se segue a ser posible ter unha experiencia real na natureza, nun momento no que estamos tan condicionados pola información, no que contamos cunha morea de recursos, instrumentos, medicións, cartografados e documentacións sobre calquera recuncho do mundo. Semella xa complicado vivir unha inmersión auténtica nesa natureza orixinal.