A lucense Raquel Vázquez, poetisa recentemente galardoada, foi a encargada de acender o alumeado de Nadal deste ano, que se realizou cun acto adaptado ás limitacións decretadas polas autoridades sanitarias. A área de Cultura anunciou, de xeito sorpresa, a medios de comunicación e aos grupos municipais deste acendido, para, segundo indicou o Tenente de Alcalde “evitar masificacións no centro da cidade nun acto ao que habitualmente se achegan unha gran cantidade de veciñas e veciños”.
A área de Cultura ampliou este ano a cantidade de rúas a iluminar. Segundo Rubén Arroxo, “dado que non se colocou alumeado festivo durante o San Froilán, puidemos aumentar o orzamento dedicado á decoración ornamental do Nadal”.
Rubén Arroxo afirmou que “desde a área de Cultura continúan a traballar en organizar actividades seguras para este Nadal, seguindo co camiño que fixo posíbel a actividade cultural segura nos últimos meses”, e lembrou que “a Cultura é un ben de primeira necesidade do que viven moitas familias de Galiza, e como administración temos o deber de facilitar o acceso da veciñanza aos contidos culturais”.
PALABRAS DE RAQUEL VÁZQUEZ
Tenente de Alcaldesa, Señoras e señores da corporación muncipal, luguesas e lugueses: moi boas noites. Grazas pola invitación: é para min unha honra estar hoxe convosco para inaugurar o alumeado de Nadal.
Nestes tempos difícles, que fundamentalmente é aferrarnos ao que importa, e do que non sempre no desenferro da contiandade nos decatamos. Aferrarnos, por exemplo, á memoria, para sembrar aos que, desafortunadamente, xa non están con nós.
Aferranos ao tempo compartido, á celebración mínima cosa persoas que máis queremos, volver á familia, volver á terra. Aferrarnos ao acompañemento, á consideración: que dúas palabras tan importantes! Compañeiro, compañeira: “a persoa con quen se comparte o pan”.Consideración, que vén de con-sídeo, astro, é dicir, “mirar xuntos as estrelas”. Compartamos, por tanto, nestas datas o pan na mesa e estas estrelas de cores próximas nas nosas rúas.
Nunha das súas cancións, dicía Leonard Cohen que hai inha fenda en todo, e así é como entra a luz. Este ano 2020, inequivocamente, supuxo en todas e todos nós unha profunda fenda. Agora toca que deixemos pasar algo de luz, e talvez ata poidamos ahumear de novo un pouquiño de solidariedade, fortaleza e esperanza. Grazas de novo, apertas, felices festas e bo Nadal!