Lugo presume de Castelao
Foto: Gab. Com. Cultura Concello de Lugo

18 de novembro de 1918, I Asemblea Nacionalista no Hotel Méndez Núñez de Lugo. Entre os asistentes: Afonso Daniel Rodríguez Castelao. 03 de decembro de 2020 Lugo estrea na rúa da Raíña a instalación do conxunto artístico que, polo 100 aniversario da revista Nós, rende homenaxe a Castelao. O conxunto componse de 6 baldosas con figuras das súas recoñecidas viñetas publicadas, dous bancos cuxo respaldo tamén se tratan de dúas viñetas e a escultura do propio Castelao obra de Ququi Piñeiro.

Castelao en Lugo