- Este evento ha pasado.
Cine ao aire libre «La mujer de la montaña»

Cine ao aire libre «La mujer de la montaña»
Martes 22 de xullo ás 22:30 horas na praza Anxo Fernández Gómez
Gratuíto e aberto a todos os públicos.
«La mujer de la montaña», filme recoñecido internacionalmente que foi gañador do Premio LUX de Cine do Parlamento Europeo no ano 2018.
Esta coprodución de Islandia, Francia e Ucraína, dirixida por Benedikt Erlingsson, foi destacada pola súa capacidade para abordar con orixinalidade e sensibilidade temas sociais de gran relevancia como a sostibilidade ambiental, o empoderamento feminino e a maternidade, a través da historia dunha muller que decide loitar contra unha industria contaminante no seu país. A súa calidade artística e o seu impacto emocional foron recoñecidos en festivais internacionais e polo propio Parlamento Europeo.
Esta proposta insírese dentro das accións que Europe Direct Lugo desenvolve para acercar Europa á veciñanza de Lugo, fomentando a información crítica e o compromiso cidadán co futuro común europeo.



























