- Este evento ha pasado.
Natalia Navarro presenta ‘Mängata’ dentro do «Atopémonos Bailando»

Natalia Navarro presenta ‘Mängata’ dentro do «Atopémonos Bailando»
31 de xullo ás 19.00 horas Museo MIHL – De balde.
O proxecto ‘Mängata’ de Natalia Navarro propón un diálogo entre o corpo e o océano, entre as mareas internas e a forza lunar, onde o corpo se transforma nunha paisaxe viva, modelada por correntes que espertan memorias, emocións e mitos.
Trátase dunha peza que explora a orixe do movemento e a materia que somos, fundindo o físico e o simbólico nunha experiencia sensorial e poética.
A artista, nacida en Valencia e formada en danza clásica e contemporánea, conta cunha ampla traxectoria como intérprete e creadora.
Colaborou con compañías como Babirusa Danza, Omos Uno ou LaOrigen, e artistas como Virginia de la Cruz ou Patricia Caballero.
Tras estrear o seu primeiro solo ‘Cuando muera’, actualmente desenvolve o dúo TACTO e inicia este segundo traballo en solitario, Mängata, dentro do programa lucense.




























