Lugo en Danza - Taller de Público

O Lugo en Danza (LED) xa ten datas para as actividades adiadas no seu día pola COVID: 

Venres 30/10 – Andrés Corchero e Agustí Fernandez / Hara // 20:30 no Circulo das Artes

HARA  é unha palabra xaponesa ( kanji) que significa ventre, corazón, mente. Na cultura xaponesa indica o centro vital, o lugar de onde sae toda a enerxía básica e o principio da vida. Este lugar sitúase no centro do corpo, no baixo ventre. En Xapón, o suicidio lévase a cabo cortándose o ventre, facéndose o  Harakiri, así cortando a enerxía vital do corpo, do corazón, da mente e, en definitiva do ser mesmo.  Unificar a mente, o corazón e o ventre é achegarnos ao espírito, un dos obxectivos máis importantes da nosa existencia. Atopar o noso Hara occidental permítenos descubrir a  enerxía universal que flúe de calquera ser.  Nós achegámonos desde a música e a danza. Achegarse ao principio é tamén achegarse ao final, unificándoos nun só a dúas voces, a do corpo e a do son, a da música e a danza.  Cada unha ten o seu propio ventre, corazón e mente.  Xuntas forman o Hara universal.

Venres 06/11 – LEIRA // Nova Galega de Danza // 20:30 no Auditorio Municipal Gustavo Freire

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgo- table de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas pai- saxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreo- grafía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

Venres 13/11 – Diego M. Buceta / As vacacións máis longas // ás 20:30 no Auditorio Gustavo Freire

Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse e desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

Creación e interpetación: Diego M. Buceta. Iluminación: Laura Iturralde. Fotografía: Celia López y Alba Troiteiro. Registro vídeo: Caneca Filmes y Eva Viera. Agradecimientos: Residencias Paraíso, Colectivo RPM, Asociación Pedra Lagarto, A Artística, Clara Pampyn y Candela Capitán.

LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento cunha selección principalmente de produción galega. 

O proxecto complétase coa programación expandida, diversas iniciativas de mediación coa idea de establecer pontes e vías de comunicación con diferentes comunidades dentro e fóra do auditorio. Este mes de outubro ofertan un «taller de público«.