«Triste nova para tod@s nòs!! Queda adiada a Feira do 48 polo mal pronòstico metereolòxico para a fin de semana! Pronto anunciaremos novas datas.» Cántigas e Frores
A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza, co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo, unha nova edición da Feira do 48, que se celebrará os días 9 e 10 de setembro na Praza Maior de Lugo.
Coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano, Cántigas e Frores programa dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Os Carunchos ou Cantigas e Agarimos
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro animou “a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música“ e lembrou “o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación”.
A Feira do 48 toma como referencia cronolóxica o 1948, ano da fundación de Cántigas e Frores, que desde aquela ven traballando na promoción da música e do baile tradicional desde distintos eidos, incluída a ensinanza.
SÁBADO 9
11:48 Apertura feira
12:48 Pregón
13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores
18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores
19:48 Ruada co Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores, Murga de Cántigas e Frores e Pandereteiros de Cantigas e Agarimos
DOMINGO 10
11:48 Apertura da Feira
11:48 Pasarrúas
12:48 Concerto das Zanfoneiras de Cántigas e Frores
18:48 Concerto Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
19:48 Ruada co Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores e Os Carunchos
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte