5 Mestre Mateo para o audiovisual lucense
Composición de imaxes do facebook e instagram da Academia Galega do Audiovisual

Este sábado 10/04 tivo lugar a Gala de Entrega dos XIX Premios Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego aos que chegaban como finalistas un número destacado de lucenses

No palmarés definitivo que podes consultar no seguinte pdf temos a 5 lucenses:

Nación de Nós Produtora Cinematográfica Galega coa participación de Televisión de Galicia como mellor documental – Margarita Ledo Andión

Muinheira de Interior, de Xaime Miranda, mellor videoclip

Diego Guerrero (Marcos Estebo e Mónica Ares) mellor realización por Cos pés na terra

Mellor dirección de arte para Antonio Pereira por A Illa das mentiras

Mellor interpretación femenina protagonista para Melania Cruz por Ons