Outono 2018 Este outono Afundación ofrece unha colección de interesantes películas co ciclo de cinema Voces rotas: problemáticas sociais que afectan a día de hoxe e afectaron en diferentes épocas a nosa sociedade. A inmigración, infancia, adopción, crenzas relixiosas, guerras, racismo, paro, violencia xuvenil trátanse neste ciclo que pretende concienciar e reivindicar.
Verano 1993 (Estiu 1993)
20 de novembro, 20.00 h
Carla Simón, España, 2017. 97 min. Todos os públicos. VDE
ENTRADA:Gratuíta
Elenco. Laia Artigas, Bruna Cusí, David Verdaguer, María Paula Robles, Paula Blanco, Etna Campillo, Jordi Figueras, Dolores Fortis, Titón Frauca, Cristina Matas, Berta Pipó, Quimet Pla, Fermí Reixach, Isabel Rocatti, Montse Sanz, Tere Solà, Josep Torrent.
Frida (Laia Artigas) é unha nena de seis anos adoptada tras a morte da súa nai. Afronta o primeiro verán da súa vida coa familia adoptiva, afastada de todo aquilo que coñecía. No medio do campo debe adaptarse á nova vida e ás novas persoas que a acompañan.
Premios. Seleccionada por España para os Óscar 2018 // 2017: Premios Goya: Mellor dirección novel, actor sec. e actriz rev. 8 nomeamentos // 2017: Festival de Berlín: Mellor ópera prima, Gran Premio do Xur. Int. (Secc. Gen. KPlus) // 2017: Premios do Cine Europeo: Nomeada ao Premio Discovery (Mellor ópera prima) // 2017: National Board of Review (NBR): Mellores películas estranxeiras do ano // 2017: Festival de Málaga: Biznaga de ouro, Premio Feroz da crítica // 2017: Premios Fénix: Mellor guión. 5 nomeamentos // 2017: Premios Feroz: Mellor película dramática, dirección, guión e actor sec. // 2017: Premios Gaudí: 5 premios, inc. Mellor película, dirección e guión. 14 nomeamentos // 2018: Premios Platino: 5 nomeamentos incluíndo mellor guión, fotografía e ópera prima.
Sede Afundación Lugo
Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)
Ida (Ida. Sister of Mercy)
13 novembro, 20.00 h
Pawel Pawlikowski, Polonia, 2013. 82 min. NRM 7 anos. VDE
ENTRADA: Gratuíta
Elenco. Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska, Joanna Kulig, Dawid Ogrodnik, Jerzy Trela, Adam Szyszkowski, Artur Janusiak, Halina Skoczynska, Mariusz Jakus.
Polonia nos anos 60. Anna, unha moza orfa a punto de se facer monxa, descobre a unha parente viva, unha tía que non quixo facerse cargo dela cando era nena. A nai superiora obriga a Anna a visitala antes de tomar os hábitos. A tía, unha xuíza desencantada e alcohólica, desvélalle a súa verdadeira identidade. O seu nome real é Ida Lebenstein, é xudía e a súa familia foi asasinada da man do réxime nazi.
Premios. 2014: Óscar: Mellor película de fala non inglesa. Nomeada a Mellor fotografía // 2014: 5 Premios do Cine Europeo, incluíndo Mellor película, director e guión // 2014: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2014: Premios BAFTA: Mellor película de fala non inglesa // 2014: Premios Goya: Mellor película europea // 2014: Premios Guldbagge: Nomeada a Mellor película estranxeira // 2014: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor película estranxeira // 2014: Críticos de Los Angeles: Mellor filme estranxeiro e actriz sec. (Kulesza) // 2014: Premios Independent Spirit: Mellor película estranxeira // 2014: Satellite Awards: Nomeada a Mellor película estranxeira // 2014: Critics Choice Awards: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2014: Asociación de Críticos de Chicago: 4 nom. incluíndo Mellor película estranxeira // 2013: Premios David di Donatello: Nomeada a Mellor película europea // 2013: Festival de Toronto: Premio FIPRESCI (Special Presentations) // 2013: Festival de Xixón: Mellor película, actriz (Kulesza), guión, dir. artística // 2013: Festival de Londres: Mellor película // 2013: Festival de Varsovia: Mellor película // 2014: British Independent Film Awards (BIFA): Nom. mellor película intern. independente // 2014: Premios Gaudí: Nomeada a Mellor película europea.
Sede Afundación Lugo
Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)
Mustang
27 novembro, 20.00 h
Deniz Gamze Ergüven, Francia, 2015. 97 min. NRM 7 anos. VDE
ENTRADA: Gratuíta
Elenco. Günes Sensoy, Doga Zeynep Doguslu, Tugba Sunguroglu, Elit Iscan, Ilayda Akdogan, Nihal G. Koldas, Ayberk Pekcan.
Tras un inocente xogo na praia canda os seus compañeiros de clase ao comezo do verán, a vida de cinco irmás orfas dunha pequena vila turca cambia radicalmente. A avoa e o tío, desgustados pola suposta inmoralidade dos seus actos, deciden tomar medidas para garantir a virxindade das rapazas e empurralas cara ao matrimonio.
Premios. 2015: Premios Óscar: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2015: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2016: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor película en fala non inglesa // 2015: 4 Premios César: Mellor ópera prima, guión, montaxe e bso. 9 nom. // 2015: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery (mellor ópera prima) // 2015: Premios Goya: Mellor película europea.
Sede Afundación Lugo
Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)
Yo, Daniel Blake (Daniel Blake)
6 novembro, 20.00 h
Ken Loach, Reino Unido, 2016. 110 min. NRM 12 anos. VDE
ENTRADA: Gratuíta
Elenco. Dave Johns, Hayley Squires, Briana Shann, Dylan McKiernan, Kate Rutter,Sharon Percy, Kema Sikazwe, Steven Richens, Amanda Payne.
Por primeira vez na súa vida, Daniel Blake, carpinteiro inglés con problemas cardíacos, vese obrigado a deixar de traballar. Porén, a administración sanciónao se non busca emprego. Na procura del, coñece a Katie, solteira con dous fillos. Ambos intentarán axudarse mutuamente.
Premios. 2016: Festival de Cannes: Palma de Ouro // 2016: Premios BAFTA: Mellor filme británico. 5 nomeamentos // 2016: Premios Goya: Nomeada a Mellor película europea // 2016: Premios César: Mellor película estranxeira // 2016: Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea // 2016: Premios do Cine Europeo: 4 nomeamentos, incluíndo Mellor película // 2016: Festival de San Sebastián: Premio do público // 2016: British Independent Film Awards (BIFA): Mellor actor. 5 nomeamentos.
Sede Afundación Lugo
Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)