Importante premio para a curta lucense "The Spring Lord". Gaña o primeiro premio na categoría Junior da 10ª edición do certame internacional "Participa Méliès" da Fundación La Caixa.

Dous mozos de Lugo, Elías Pérez e Xacobe Bruña, veñen de acadar un gran éxito no audiovisual internacional ao gañar o «Premio Junior», para mozos e mozas de 14 a 18 años, no prestixioso certame «Participa Méliès» 

O xurado considerou que a súa curta, «The Spring Lord», é dunha calidade técnica, fotografía e unha postproducción excelentes. Ademáis dunha dirección artística e unha divertidísima interpretación por parte dos seus protagonistas (Elías e Xacobe).

«Sen dúbida é unha curtametraxe digna de Méliès levado á nosa época.» Xurado do certame.

O premio Junior é un recoñecemento á valentía e ás ganas de facer cinema, aínda que os participantes non conten co apoio dun gran equipo para a realización como así foi… todo feito por eles!

«The Spring Lord» está inspirada polos antigos recursos cinematográficos utilizados por grandes figuras como Charles Chaplin ou o mismísimo Georges Méliès.

O argumento consiste na chegada do home da primavera co seu paso por ela. Concluíndo na chegada do verán e cambio de estación.

Fotograma da curta que podes ver neste artigo.