As súas salas estarán adicadas por completo a exhibición en versión orixinal dos filmes máis premiados nos festivais internacionais, as películas máis reputadas pola crítica e as producións independentes máis arriscadas do panorama español e internacional.
Lugar de reunión, espazo de debate e nun futuro próximo, tamén libraría, estudio de televisión e sala de eventos. O cinema é só o principio, a ambición é converterse nun centro de referencia da vida cultural lucense e galega.
Novembro 2018 Nas salas cinematográficas situado no número 3 da Praza Viana do Castelo – ex cines Yelmo, despois Centro – , despois de cinco anos sen actividade, chega unha nova tentativa, cun concepto radicalmente diferente á oferta de cine nas outras salas activas de Lugo: o novo Codex Cinema nace como unha nova oportunidade: para as salas de cinema, para os espectadores e para os propios filmes. Partindo do valioso e premiado exemplo dos Cines Numax de Santiago de Compostela, as renovadas salas cinematográficas apostarán pola calidade e a especificidade por encima da cantidade. Pola xestión cultural antes que por tratar de seguir o ritmo das estreas dos blockbusters americanos. Polo contacto directo co espectador. Unha das maiores frustracións dos cinéfilos lucenses foi sempre ver como as películas europeas e independentes premiadas nos festivais internacionais nunca chegaban as salas lucenses. Cando o facían, era con semanas ou meses de atraso, dobradas ao castelán ou ben estreadas pola nunca suficientemente recoñecida labor do Cineclube Valle Inclán ou a Semana de Cine de Autor de Lugo organizada por Fonmiñá.
Así, o novo Codex Cinema recuperan unicamente dúas salas das oito coas que contaba orixinariamente o complexo, mais estarán adicadas por completo a exhibición en versión orixinal dos filmes máis premiados nos festivais internacionais, as películas máis reputadas pola crítica e as producións independentes máis arriscadas do panorama español e internacional. Por fin, o público lucense terá as mesmas oportunidades de ver cinema de calidade que noutras capitais españolas.
Síguenos en redes y entérate de todo
Viva Lugo: Diario y Agenda Cultural de Lugo
As salas contan con novos proxectores dixitais, e teñen 150 e 74 butacas, respectivamente. As dúas contarán con prazas habilitadas para discapacitados. Cada sala exhibirá diferentes películas ao longo do día durante tres franxas horarias e os filmes irán rotando de un día para outro, para que todos os espectadores podan adaptar os seus horarios. A idea está máis preto a dos festivais internacionais que a exhibición tradicional, onde cada sala proxecta unicamente unha película. A sala máis pequena terá un obxectivo máis divulgativo e social, coa proxección de documentais e a posibilidade de realizar debates, entre outros eventos, enfocados a establecer unha relación de proximidade e de colaboración entre o cinema e os espectadores.
O Codex Cinema quere fuxir da frialdade do negocio cinematográfico da actualidade, marcado por grandes complexos de multisalas e algoritmos matemáticos para coñecer os gustos do espectador. Un cinema que busca ser un axente cultural, estar en continuo contacto coa realidade do noso tempo e da cidade de Lugo.
Por isto último, os cinemas queren ser un medio e non un fin. Tratar as películas e aos espectadores con cariño. Codex busca, ademais, ser interdisciplinario, superar o concepto tradicional de proxección cinematográfica. Lugar de reunión, espazo de debate e nun futuro próximo, tamén libraría, estudio de televisión e sala de eventos. O cinema é só o principio, a ambición é converterse nun centro de referencia da vida cultural lucense e galega.