Lugo Cultural entrega os premios do V Certame de Videocreación.

As preto de 50 persoas participantes deron vida a 11 propostas de videoarte

Premios:

– Mellor linguaxe visual: “Quinta estación” de Mario Pereira Goiriz.
Valóranse os aspectos estéticos da obra referentes á imaxe, iluminación e dirección artística, así como a montaxe e edición visual da peza.

– Araceli Herrero á mellor comunicación: “Carta de Amor” de Ana Valentina López e Cristiam Leiva. Premiouse a proposta que englobou tódolos aspectos comunicativos empregando diferentes linguaxes.

– Isidro Novo á mellor linguaxe literaria: “Todo flúe” de Diego Sanmartin e Luz Salgado. Recoñecéronse os aspectos literarios da obra referentes a guión e uso da linguaxe escrita ou oral.

A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro asistiron á entrega de premios. Foto: Gab. Com. Cultura Deputación.

A cerimonia de entrega de galardóns do V Certame de Videocreación, un programa a prol do talento nas novas formas de manifestación artística que agasallou con 1.200 euros en metálico, ademais de cunha obra da académica Mónica Alonso, aos autores das tres videocreacións gañadoras, serviu para constatar a crecente calidade artística, visual e literaria dos traballos ano tras ano.

O xurado encargado de fallar os premios desta convocatoria, un tribunal de expertos formado por Carmen P. Granxeiro, Vicente Blanco Mosquera, Salvador Cidrás, Dores Rodríguez e Bruno Novo.

Lugo Cultural conta con financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.