Cine en Lugo: cines Yelmo, Cristal y Codex

Xa chega unha nova semana a Codex Cinema. Cumpríndose catro meses exactos desde a estrea de Parásitos, regresao filme de Bong Joon ho por petición expresa de moitos espectadores. Oportunidade para vela nos cines onde comezou todo o fenómeno e ademáis a un prezo reducido de 4 euros. Os catro pases de Parásitos de esta semana (mércores, xoves, sábado e domingo) terán esa oferta especial.

Ademais, estrea de CASANOVA, O SEU DERRADEIRO AMOR, do cineasta francés Benoît Jacquot, un retrato do famoso sedutor italiano mostrando a súa fraxilidade e desesperación. Un elegante filme de época dun dos directores franceses que mellor retratan o pasado. E por último, O OVO DO DINOSAURIO, un fascinante filme que ten como protagonista as paisaxes de Mongolia nun extraño filme de suspense