Película sobre o acoso escolar nos Codex Cinema: "Un pequeno mundo", estreada no festival de Cannes do ano pasado, provocou grande controversia na súa mirada contundente e sen concesións as violencias subterráneas que se producen nas clases e nos patios das escolas.

Unha das películas de estrea esta semana do 21/02 nos Codex Cinema mostra un dos grandes problemas do mundo moderno: as dificultades para desentrañar as causas e as motivacións do acoso escolar.

A facilidade coa que a personalidade dun neno queda completamente reducido debido á marxinación, as burlas, aparentemente inocentes, do resto dos seus compañeiros.

Un pequeno mundo fala tamén da incomunicación, da dificultade para expresar os medos e as debilidades tanto dos nenos como dos adultos.

A directora, Laura Wandel, segue de maneira obsesiva o punto de vista dos dous nenos protagonistas, a pequena Nora, testemuña das burlas e as pequenas violencias das que é vítima o seu irmán, sen que os profesores nin os seus pais sexan conscientes.

O filme fala das escolas, pero tamén do fogar, como forma de perpetuar os tópicos sobre os nenos e nenas, e a forma de solucionar as dificultades.

Un traballo exemplar e didáctico que foi enormemente recoñecido polo seu valor pedagóxico e que se estrea este venres en Codex