Terá lugar entre o 22 e o 27 de setembro.

A programación suma arredor de 200 proxeccións e actividades paralelas en cinco sedes.

Entre as actividades paralelas:  unha mesa redonda sobre o alzhéimer, unha exposición sobre a Muralla de Lugo, un concurso de escaparates ou cine na sede de Aspnais e nos centros penitenciarios de Bonxe, Teixeiro e Monterroso en colaboración coa Asociación Concepción Arenal.

Homenaxes: á actriz galega María Vázquez e a Enrique Muiño, ‘O gaucho galego’, que terán a súa placa no Paseo do Cine do parque de Frigsa, así como aos fotógrafos Atín Aya e Mercedes Vázquez.