A represión franquista en Galicia centrará a xornada de tarde deste xoves, 28 de abril, na Facultade de Humanidades, cunha proxección aberta ao público baseada nas historias de catro persoas que, dunha forma ou outra foron testigos ou recollen os testimonios das consecuencias da ditadura.

Dores‘ trata, según a súa directora, do descoñecemento da historia de Galicia e da necesidade de falar sobre situacións duras para que non rematen soterradas. Esta película foi galardoada co premio do público do Ourense Film Festival e foi seleccionada para participar en festivais como Docs Barcelona Festival, El Cine Suma Paz, Cans ou o Incorto Film Festival.

A historia, desde o golpe de estado militar franquista ata as consecuencias daqueles acontecementos na actualidade, é narrada por Emma, unha antiga guía da Illa de San Simón; Mariano Jabonero, fillo dun preso republicano; Susana Sánchez, escritora de Seique e sobriña dun activo represor franquista; e por Tino Cordal, sobriño dun «paseado» durante a ditadura.

Despois da proxección haberá un coloquio no que intervirán Coral Piñeiro, diretora do documental, e Ana Cabana Iglesia, profesora titular na área de Historia Contemporánea da USC.

Tanto a proxección como o coloquio, organizados pola organización estudiantil Asemblea de Humanidades de Lugo e financiado pola Vicerreitoría de Estudantes e Internacionalización, están abertos a calquera persoa interesada.