Taller audiovisual con Andrés Goteira do multipremiado filme «Dhogs». Datas: 01.04.2023-04.04.2023. Lugar:  Seoane do Courel – Estación Científica da USC

Taller «Non agardemos para poñernos a rodar. Proceso de creación dunha curta» Actividade complementaria ao programa «Fin de Curta» (LUGO CULTURAL)

Este taller propón 4 intensas xornadas de convivencia na Estación Científica da USC no Courel cun claro obxectivo experimental e de inmersión na natureza.

Rodaxes libres relacionadas co que nos rodea e que chama por nós.

É un tempo para a técnica, tempo para a creación, tempo para a improvisación e tempo para desvincularse da razón.

Non é un taller de artesanía ou técnica audiovisual, é un taller de búsqueda de sons, de imaxes, de emocións e de miradas propias.

Está orientado á participación da comunidade universitaria, aínda que tamén está aberto ao público en xeral.

Prezo da matrícula*
Taxa xeral: 300 euros (240 euros, facendo a matrÍcula antes do 15 de marzo)
Taxa Comunidade universitaria : 250 euros (190 euros, facendo a matrÍcula antes do 15 de marzo)
*No prezo está incluído o curso, aloxamento e comidas.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ao respecto deste obradoiro a través do número de teléfono 982 82 1511 ou tamén no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal.