A produtora de experiencias Microsoños crea unha nova forma de ocio: as Filmersións, nas que os participantes convértense en protagonistas dunha historia.
O proxecto busca financiamento a través dunha campaña de crowdfunding en Goteo.
O Camiño inmersivo traslada ós participantes a un tempo pasado no que deberán resolver un misterio que ameaza o presente e o futuro.
A produtora galega de experiencias Microsoños lanza a campaña de crowdfunding “Construir unha máquina do tempo”, dirixida a recadar apoios para o seu novo proxecto: O Camiño Inmersivo.
O Camiño Inmersivo é unha Filmersión: un novo concepto de ocio no que o espectador tradicional dun filme convértese en participante da historia, que interactúa cos personaxes e forma parte da peza audiovisual resultante.
As Filmersións contan cunha coidada ambientación, que mergulla aos participantes na época e no lugar retratados. Concretamente, as misións de O Camiño Inmersivo realizaranse en diversos puntos da xeografía galega, alí por onde pasa o Camiño de Santiago e a historia incorpora lendas desta lexendaria ruta.
A través da páxina de crowdfunding Goteo.Org, as persoas que desexen vivir a experiencia poden contribuír a facela posible. Ademais dunha tarxeta de embarque para participar na experiencia filmersiva, os mecenas recibirán diversas recompensas.
Colaboracións a partir de 15 euros
A través da campaña de micromecenazgo na plataforma Goteo, as persoas interesadas poden achegar a súa axuda e facer realidade o soño de construír unha máquina do tempo.
Os mecenas poderán escoller entre diversas modalidades de achegas: 15, 35, 45, 55, 65, 165 e 640, esta última orientada a empresas que queiran ligar a súa marca a un proxecto divertido e innovador. En función da opción escollida, recibirán unha serie de obsequios cos que Microsoños desexa agradecer a súa implicación.
Ademais, as achegas realizadas a este proxecto a través da plataforma da Fundación Goteo poderán desgravar entre un 30 e un 75% do importe.
As filmersións, un novo xeito de facer cinema
As Filmersións son un novo xeito de facer cinema no que os participantes son absorbidos como personaxes dunha historia guiada por actores profesionais. Non se poden desvelar os detalles, pero si que coñecerán a un científico excéntrico, a peregrinos de todas as épocas e incluso ao mesmísimo Alfonso II. Todo está suxeito á improvisación e búscase que os participantes sexan artífices dos xiros da historia, dando lugar a unha diferente cada vez que se realiza unha filmersión.
O Camiño Inmersivo ofrece a posibilidade de formar parte do primeiro equipo de científicos que viaxan no tempo e de resolver no pasado un problema que ameaza o noso presente. Un xeito novidoso de vivir o cinema, no que se deixan de lado os convencionalismos do formato para mesturalo coa representación histórica e a adrenalina das experiencias de aventura.
Tras estrearse en Verín e A Rúa o equipo precisa de financiamento para poder seguir crecendo e levando as Filmersións pola xeografía galega.