20.5 C
Lugo
Vie, 19 Sep 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Exposicións en Lugo

15 de septiembre - 7 de noviembre
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

A exposición “Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras” de Mauro Leivas recolle o seu traballo desde 2018, afondando na súa evolución estética e conceptual, e conecta o mundo flotante do xapón tradicional coas paisaxes e realidades da Mariña lucense, ofrecendo un espazo de reflexión, denuncia e esperanza. Ata o 30 de setembro.

«Os homes por Castelao» Esta mostra retoma a exposición realizada no Museo das Artes do Gravado de Ribeira que amosara a colección de Roberto Taboada referida ós traballos do rianxeiro publicados no xornal vigués Galicia durante o ano 1925 que ilustrarían a publicación Cincoenta homes por dez reás (1930). Ata o 30 de novembro.

Información sobre o Museo Provincial de Lugo:

Pl. de la Soledad, s/n, 27001 Lugo

Horario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado

Horario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado

+ información (visitas guiadas…) na súa web oficial.

O VELLO CÁRCERE 

A exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas.

‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese, deste xeito, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura.

A exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas.

Esta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

A exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere.

A mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía, Gravado e Técnicas de Estampación, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao)

Exposicións temporais:

Información sobre O Vello Cárcere de Lugo:

Praza da Constitución, s/n, 27002 Lugo

Horario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas

+ información (visitas guiadas …) Web oficial O Vello Cárcere de Lugo

——————————————————————————————————–
MUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo

Alberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto.

Tamén se exhiben outras pezas de interese, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas.

Información sobre o MIHL:

Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo

982 297 446

Web oficial do Museo MIHL

———————————————————————————————————-

AFUNDACIÓN LUGO

Exposición «40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro», protagonizada polas viñetas políticas do talentoso Siro. Ata o 11/10/2025. Entrada gratuíta.

Horario: Luns a vernes de 09:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 horas. Sábados de 11:00 a 14:00 horas e 17:00 a 19:00 horas.

Sede Afundación Lugo: Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani

Horario, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani

Centro arqueolóxico San Roque

Horario, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque

Sala de Exposicións Porta Miñá

Horario, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá

Centro de Interpretación da Muralla

Horario, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla

GALERÍA SOLAINA

Rúa Camiño Real 88, baixo.

https://www.instagram.com/solaina.galeria/

GALERÍA NÉBOA

Lamas de Prado, 31, Lugo 27004

https://www.instagram.com/galerianeboa/

GALERÍA NOVA RÚA

Rúa Nova 114 -116 Bajo, Lugo 27001

https://www.instagram.com/galerianovarua/

GALERÍA LA CATEDRAL
Obispo Basulto 12, 27001-Lugo – 982 240 992 
y
Bolaño Rivadeneira 17, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas

Detalles

Comienza:
15 de septiembre
Finaliza:
7 de noviembre
Categoría del Evento: