martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xuntanza de Palilleiras e Multilabores Palillad

21 de mayo

Xuntanza de Palilleiras e Multilabores Palillad

O vindeiro sábado -21 de maio- celebrarase na Praza de Abastos de Lugo a Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, un encontro ao redor do encaixe de palillos organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación Agulla Máxica.

Trátase da cuarta edición deste evento, que reunirá a unhas 300 palilleiras de toda Galiza,  de distintas localidades das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, e tamén de Vigo, Porto do Son, Mos, Betanzos, Oleiros, Valdoviño, Cedeira ou Ourense, entre outros lugares.

O obxectivo do encontro é intercambiar e actualizar coñecementos ao redor dunha actividade que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño e a decoración.

O deputado de Artesanía e Deseño encadrou a colaboración coa Asociación
Agulla Máxica na organización do encontro no “traballo que se ven
desenvolvendo desde o Centro de Artesanía e Deseño para contribuír ao
recoñecemento e actualización dos oficios tradicionais nun contexto de
valoración da sostibilidade e do feito a man que abre novas
posibilidades ao sector”.

A palillada no baixo da Praza de Abastos será de 10.30 a 14.00 horas e
de 16.00 a 19.00 horas.

Detalles

Fecha:
21 de mayo
Categoría del Evento:
X