DEC 2017 O Vello Cárcere de Lugo estreou unha nova exposición itinerante: Coñecendo o Síndrome de Wolf-Hirschhorn
A exposición consiste nunha serie de 27 fotografías de nenos e nenas con esta discapacidade dende un punto de vista positivo perseguindo un triple obxectivo:
- visibilizar e sensibilizar sobre este síndrome,
- transmitir unha imaxe positiva desta enfermidade rara e
- fomentar o coñecemento a nivel social e institucional da patoloxía.
O síndrome é una enfermidade rara, é como tal afecta a un número limitado de persoas (considerase como «rara» cando afecta a menos de 5 cada 10.000 habitantes). En Lugo afecta a dúas familias e tres en toda Galicia. A web da entidade organizadora da expo (Asociación Española do Síndrome Wolf-Hirschhorn) hai información completa sobre a mesma.
A exposición poderase visitar ata o 15 de xaneiro, na segunda pranta no Vello Cárcere, en horario de 11:00 a 14:00 horas de luns a domingo, e de 17:00 a 20:30 horas os martes, mércores e domingo, e de 17:00 a 22:30 horas os xoves, venres e sábados.





























