Arte urbana nos cadros de luces de Lugo.
A mostra de arte urbana «Culturban», posta en marcha pola área de Cultura, continúa con intervencións nos cadros de luces da cidade
Fonte: facebook Gema López.

A nova fase do Culturban 2022 conta con 5 artistas locais (Iván  Mouronte, Pia Piadosa, Noemí López, Iago Eireos e Gema López), que decorarán unha serie de cadros de luz ao longo da cidade. O primeiro, realizado por Gema López, na rúa de lugo, Jacinto Calvo Senador, rende homenaxe á artista local Mónica Alonso, e que continuará en catro puntos máis da cidade rendendo homenaxe a 5 artistas lucenses escollidas por Gema López segundo a súa traxectoria.

Maite Ferreiro explicou que desde a área de Cultura «seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable, dando un lugar en Lugo aos proxectos máis recoñecidos dentro do muralismo a nivel galego e estatal”.

Culturbán é mostra de arte na rúa, organizado e coordinado pola Área de Cultura do Concello de Lugo xunto a Espazo Lupa Arte que este ano celebra a súa III edición. Desde o Goberno de Lugo proponse un proxecto adicado a crear, producir e apoiar actividades relacionados coa arte urbana co obxectivo de propiciar e difundir as intervencións artísticas no espazo público, programando diversas actividades sobre arte e cultura en diferentes lugares e espazos da cidade de Lugo.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron a nova intervención artística realizada por Gema López.