NOV 2017 Hai uns días otorgáronse os premios e mencións de honra ás mellores fotografías do Maratón Fotográfico que promove a Universidade de Lugo – Campus Terra USC – . As fotos gañadoras son as seguintes.

TEMA LIBRE
Mencións de honra – Accésits

Breogán Alamancos Millán – saber máis de Breogán –

Amalia Gorgoso Pacios – saber máis de Amalia –

Primeiro premio.
Mellor fotografía presentada na modalidade de tema libre

«Mulleres invisibles»
Hai soidades que brillan como unha illa ao lonxe,
vagamente debuxadas na néboa; outras permanecen sempre ocultas no seu misterio.
Alba Díaz Fernández
Se queres poñerte en contacto con Alba
para temas fotográficos: albisdiazfernandez@gmail.com

TEMA OBRIGATORIO, dado pola organización: persoas e máquinas
Mencións de honra – Accésits

As máquinas foron extensións dos sentidos: grúas como mans, cinematógrafos como ollos, ordenadores como memorias… Modernas tele-visións. Cerebros apagados.
Cando espertou, o monstro amábel estaba alí.
Alba Díaz Fernández – ¡ dous premios, dous!

«Persoa atrapada en máquina»
José Marcos López Álvarez
Coñecido no mundo da fotografía como Marcos Loopez podes ver a súa desactualizada web neste enlace – témolo traballando arreo con nosoutros así que normal que non a teña actualizada,
estamos explotando todo o seu potencial:
 traenos un café, ou dous, vai facer fotocopias, abanica oh que vai calor etc etc etc –
Díxonos que na entrega, cando Pilar García Porto dixo: «se alguen quere decir algo» estivo apiques de ir ó micro e decir: «sigan ó gran Carlos Valcárcel no Facebook, está a compartir o seu archivo fotográfico e hai fotos dignas dos máis grandes fotógrafos da historia…que é o que é Don Carlos Valcárcel» …queda dito 😉

O primeiro premio, o Premio Carlos Valcárcel, foi para:

 Belén Mendaña del Río – fotógrafa, operadora de cámara y editora de vídeo –
Podes atopar a Belén no seu instagram, Facebook ou en Tentáculo Films

Estas fotos e unha boa escolma das que participaron no Maratón Fotográfico as podes ver na exposición situada no pavillón central do CENTRAD (detrás da Policía Nacional – rúa Chantada – ou se o prefires da Capela de Santa María – Ronda da Muralla) ata o o 18 de xaneiro de 2018 (nun horario un pouco difícil pero de seguro que para o ano o melloran: de luns a venres de 9 a 14 horas)

O Maratón Fotográfico do Campus Terra é un certame promovido polo grupo cinematográfico Fonmiñá en colaboración coa USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural
 
A entrega de premios desenvolveuse no pavillón central do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de Lugo, no marco dunha sesión na que participaron a vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo,  Carme Silva; a deputada provincial delegada da área de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto; o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez; o fotógrafo lugués Carlos Valcárcel, quen dá nome a un dos premios do certame, e o coordinador do Espazo de Fotografía da USC, Eduardo Ochoa.

Comparte nas túas redes este artigo, difunde o talento fotográfico lucense. Esta xente vaito agradecer ben.