Nova mostra en O Vello Cárcere de Lugo: a Colección Viravolta Títeres. 

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua,  afirmou na inauguración: «esta mostra permitiranos coñecer as distintas pezas necesarias para o funcionamento dun espectáculo de títeres, mediante distintos materiais utilizados por Viravolta Títeres durante a súa carreira”.

Ademais, a edil de Cultura destacou que “a exposición axudará a entender o mundo dos títeres e a desfrutar destas pezas  únicas procedente dunha das formas de expresión cultural con máis traxectoria da cultura galega”.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 30 de outubro.

Viravolta Títeres

A compañía Viravolta Títeres fundárona Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado no ano 1982. Trátase dunha das compañías máis antigas de Galiza. Na actualidade contan cun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, nos que combinan as marionetas coa música de cámara ou tradicional.

Noticias da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo