Durante os días 16, 17 e 18 de setembro, o Caudal Fest ofrecerá a posibilidade de gozar dun cartel que conta con Love of Lesbian, presentando o seu último traballo “V.E.H.N. (Viaje épico hacia la nada)”; Nathy Peluso, unha das artistas do momento; La M.O.D.A.; Bad Gyal, a reina do dancehall, Iván Ferreiro, co seu concerto especial de longa duración da xira «Cuentos y Canciones (2004-2021)» Sen Senra, o artista galego con máis proxección do momento; os vascos Shinova; o gran Kutxi Romero de Marea; os festeiros Ladilla Rusa e o local David Prado.

Venda de entradas

As entradas para o festival sairán á venda o mércores 18 de agosto ás 12:00 h, serán entradas por dia. A canle oficial para mercar as entradas é a web do evento: www.caudalfest.es.

Aforo para 2.500 persoas. Os asistentes dispoñerán dunha aplicación móbil para pedir nas barras do festival desde o asento co obxectivo de evitar as colas. Todo o recinto contará, ademais, con  dispensadores de xel  hidroalcohólico, tanto en zonas de público como en zonas de traballo.  Entre as medidas articuladas destacan, ademais, o uso obrigatorio de máscaras, entradas nominativas, circulación organizada e sinalizada en todo o recinto, carrís separados de acceso e saída, control da distancia de seguridade, instalacións de puntos de desinfección de mans, amplos espazos para garantir distanciamento social, asistentes para a organización do público e desinfección continua de sillas, mesas, barras, baños e zonas de traballadores e público.