XXVI Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou ás catro persoas gañadoras do XXVI certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo. “Apoiamos a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural”, indicou Felipe Rivas.

O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que contan con tres premios cada unha. Cada unha das gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. O concelleiro de Educación explicou que “agardaremos a que a situación sanitaria nos permita realizar o tradicional acto de entrega de premios ás distintas gañadoras”.

Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200€, foi Lucía Domínguez, do Colexio Divino Maestro. Na categoría de 15 a 18 anos, Paula Pena, do IES Ánxel Fole, recibe o maior premio, valorado en 250€, seguida de Eliane Yáñez, do IES Ánxel Fole, con 130€, e con Yorel Ladra, do IES Pedrouro na terceira posición, cun premio de 100€.