- Trátase dunha publicación na que se recollen traballos de investigación sobre Arqueoloxía, Arte, Cine e Fotografía, Etnografía e Rede Museística da Provincia. Consta de 469 páxinas e está composto por 21 artigos realizados por 20 autores. Está colgada na web da Rede, e poder ser consultada libremente no seguinte link; http://www.museolugo.org/revistas.asp?mat=44

Fonte da foto: Gab Com. Dep. de Lugo

Xullo 2018  O Deputado Provincial Pablo Rivera Capón, presentou  no Refectorio do Museo Provincial a edición número XV do Boletín do Museo Provincial da Rede Museistica, que comprende os anos de investigación 2012-2018. Trátase dunha publicación para dar a coñecer traballos de investigación sobre os diferentes fondos e coleccións existentes no Museo Provincial. No acto estiveron presentes a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, a Xerente da Rede Museística da Deputación, Encarna Lago, ademais dos colaboradores deste documento.

Rivera Capón explicou que nesta nova edición “recóllense traballos de investigación sobre arte, historia, etnografía, arqueoloxía, artes visuais, etc., preferentemente sobre a provincia de Lugo, e que comprende os anos de investigación 2012-2018”.

O Deputado sinalou que este Boletín “é un medio aberto a investigadores noveis co fin de dar unha saída, no eido da investigación, aos seus traballos. Ademais tamén se realiza o intercambio, xa que funciona como heraldo da Rede Museística con outras institucións análogas, a través da Biblioteca do Museo permútase con máis de 350 publicacións semellantes, unha boa parte de máis alá das nosas fronteiras”.

XV Boletín do Museo Provincia (2012-2018)
O volume que presentamos é o número XV. Consta de 469 páxinas e está composto por 21 artigos realizados por 20 autores. A publicación aparece dividida en en seis seccións: Arqueoloxía, Arte, Cine e Fotografía, Etnografía e Rede Museística, nesta última sección, recóllense diversos artigos de investigación relacionados cos fondos e a historia dos museos que integran a Rede Museística. Esta publicación está colgada na web da Rede para poder ser consultada libremente neste link