Concerto do prodixioso pianista ILia Papoian en Lugo. Venres, 10 de marzo de 2023 – 20:00 h. – Círculo das Artes.
Gañador de V Concurso Internacional Cidade de Vigo (2021)

Organiza: Sociedad Filarmónica de Lugo

Programa:

S. Bach: Fantasía e Fuga en sol menor, BWV 542 (Arr. Franz Liszt)

Schumann: Davidsbündlertänze, op. 6

Rachmaninov: 4 Preludios Op. 32

Rachmaninov: Sonata nº 2 en si bemol menor Op. 36 (1ª Edic.)

Ilia Papoian naceu en 2001 en San Petersburgo.

Aos 9 anos converteuse no gañador do concurso internacional xuvenil Chopin de San Petersburgo.

En 2011 ingresou na Escola Secundaria Especial de Música do Conservatorio Estatal de San Petersburgo, nas clases de Olga Kurnavina e do profesor Alexander Sandler.

Dende 2019 é alumno do Conservatorio Estatal Rimsky-Korsakov de San Petersburgo, recibindo clases do artista de honra de Rusia, o profesor Alexander Sandler.

Aos 13 anos deu o seu primeiro concerto como solista no escenario da Capela Académica Estatal de San Petersburgo.

Participou en clases maxistrais de Grigory Gruzman, Pavel Nersesian, Andrei Diev e Alexander Mdoianz.

Ilia gañou numerosos concursos de carácter internacional, entre os que destacan o X Concurso Internacional Xuvenil Tchaikovsky (Astana, 2017), o XI Concurso Internacional Chopin para xoves pianistas (Estonia, 2016), o IV Concurso Internacional de xoves pianistas Astana Piano Passion (Astana, 2017), o III Concurso Musical de toda Rusia (Moscova, 2018), Concurso Xoves Talentos de Rusia (Moscova, 2019), o I Concurso Interconservatorio de toda Rusia O Piano Hoxe (San Petersburgo, 2020) e o V Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (España, 2021).

É membro activo da sección xuvenil da Asociación de Laureados do Concurso Internacional que leva o nome de Pyotr Il’yich Tchaikovsky, e solista da Casa da Música de San Petersburgo dende 2016.

Colaborou con directores como Alexander Titov, Yuri Tkachenko, Alexander Sladkovsky, Fabio Mastrangelo ou Denis Vlasenko.

Actuou con orquestras como a Orquestra Sinfónica Académica Estatal de Rusia Evgeny Svetlanov, Orquestra Mariinsky, a RNO, a Orquestra Sinfónica Académica da Filharmónica de San Petersburgo e a Orquestra Sinfónica Estatal Nova Rusia.

A súa presenza en festivais de música é moi activa, destacando a súa participación no Festival Valery Gergiev Caras do pianismo moderno, de 2016 e 2017; no Festival Internacional da Xuventude Tchaikovsky de 2018 e 2019; no Festival Internacional Sergei Rachmaninoff White Lilac, de 2018; no XX Festival Internacional Semana Internacional de Conservatorios (2020); e no XI Festival Internacional Silver Lyre de 2020.