Apartamentos Acapulto e Fábrica de Espejos darán os concertos de presentación do FA CE LA FEST 2021

O 2 e 3 de xullo de 2021 son as datas da presentación oficial desta edición do FA CE LA FEST que terá lugar en Lugo os días 27 e 28 de agosto. As bandas escollidas para esta festa da música que terá lugar no Club Clavicémbalo son Apartamentos Acapulco (Granada) e Fábrica de Espejos (Chantada).  

Todavía recordamos con agrado o concerto de Apartamentos Acapulco na edición do 2018, o seu indie-shoegaze hipnótico mergullounos nun estado de ensoñación difícil de olvidar. A súa deriva máis pop dos últimos tempos converteunos nun dos grupos de referencia no panorama nacional. 

Non queda atrás Fábrica de Espejos. Nin moito menos. Unha das grandes bandas lucenses, con maior proxección, acaban de sacar un álbum top 10 nacional (con apoio dos Facela, primeira referencia para eles). Veñen da mesma escola dos A.A. e míticos foron os seus concertos tanto no Fa Ce La 2019 como no Clavi onde o seu dreampop fíxonos tocar o ceo.

 

ENTRADAS CONCERTOS PRESENTACIÓN FA CE LA FEST 2021

Eventos en Lugo