Cursos culturais de verán en Lugo con Palimoco

Cinco opcións top para facer este verán en Lugo grazas á escola Palimoco e a súa aposta pola formación e o ocio cultural na cidade:

  • «Doculetra. Camiño teatral» Teatro, danza, camiñatas e máis para crear unha intervención a través da vida de Xela Arias. 
  • «Emocións e historias mediante a fotografía». 05-09/07. Impartido polo multipremiado fotógrafo e colaborador deste medio Adra Pallón. Unha oportunidade xenial para vivir de preto a paixón dun mestre da fotografía como é o Adra.
  • «O Taller de Gepetto» e «Taller de teatro de monicreques e as súas posibilidades». 19 – 23/07. Impartidos pola referencia na arte do cartón-pedra Marga Portomeñe.
  • «Fai que pase» Laboratorio de creación da idea ao espazo escénico. 03-04/07. Impartido por Teatro en Vilo, compañía internacional de teatro e performance. Premio «Ojo Crítico de Teatro 2019» por RNE.
  • «O corpo habitado» 28-29/07. Impartido polo Colectivo Glovo, formado por Esther Latorre e Hugo Pereira, premiados por exemplo có 1º PREMIO-Bailando con Piedras-Certamen Internacional de Coreografía Burgos & NY, 2019 ou Mención especial-Festival Corto In Danza, Italia, 2019, Mención especial-La Espiral Contemporánea, Santander, 2019.