Concertos San Froilán 2023 – Primeiros nomes

Os primeiros grupos e artistas anunciados pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo para o San Froilán 2023 son os seguintes:

Dupla. Fonte: Web oficial de Dupla.
TRIQUELL
Mércores 04 de outubro ás 23:00 na praza de Santa María

Francesc Fuentes i Triquell (Barcelona, 12 de febreiro de 2000), tamén coñecido como Cesc Fuentes e polo nome artístico Triquell, é un cantante catalán.

Con formación en ADE e Pedagoxía, profesor de inglés, deixou o seu traballo como profesor para adicarse á produción e composición musical.

Desde 2019 ten un estudo cos seus amigos Pau Ruiz e Xavi Rueda, cos que montou un grupo musical chamado Alter Soma.

Xa cunha certa formación musical, en 2022 participou no concurso de talentos musicais Eufòria. Neste certame televisivo retransmitido por TV3 conseguiu clasificarse como segundo finalista, xunto á olotina Núria López, terceira finalista, e Mariona Escoda, a gañadora do certame. En xullo de 2022, participou, xunto co resto dos concursantes de Eufòria, en dous concertos no Palau Sant Jordi de Barcelona.

O 21 de outubro de 2022, lanzou os seus dous primeiros sinxelos como solista: «Jugular», estilo party, e «Road trip», que atravesa as fases iniciais dunha relación interpersoal. En maio de 2023, presentou o seu primeiro álbum en Guitar BCN, co selo discográfico Oques Grasses, Halley Records, na Sala Apolo.

O carismático cantante de Sant Quirze del Vallès é un amante da música e da produción, Triquell destacou desde o primeiro momento como un intérprete versátil e apaixonado e que sae do normativo.

Web oficial Triquell

DUPLA
Xoves 05 de outubro ás 23:00 na praza de Santa María

Dupla é un grupo de música urbana de Agurain formado no 2018 por Beñat Oribe e Gari Uriarte (ex membros de Oppium).

Son dúas mentes conectadas e inseparables, como si fosen una soa persoa, e a súa música é diferente, diversa. As súas melodías afúndense con Pop, Electrónica, Rap e Folklore vasco.

O 2022 foi un ano frenético para eles, con máis de 50 concertos en 9 meses. Concertos multitudinarios que puxeron a bailar practicamente a toda Euskal Herria.

Logo das excelentes críticas do seu primeiro álbum “Nahieran” e a solvencia demostrada nos seus directos, Dupla gañou a pulso un oco como unha das revelacións do panorama artístico euskaldun.

Dupla é unha banda de música urbana creada nun entorno rural. Cun contido explícito nas súas letras, mesturan o pop coa música electrónica e a estética hip-hop. A súa posta en escena caracterízase polo seu “punch” electrónico acompañado por voz e batería nun espectáculo visual que se achega ao teatro.

Web oficial Dupla

ELÍADES OCHOA,25 anos de Buena Vista Social Club
Xoves 5 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario
 
Eliades Ochoa está considerado coma un dos “soneros” máis importantes de todos os tempos, un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeración.
 
O seu característico sombreiro de vaqueiro e o seu gusto polo vestir de negro fan que sexa coñecido como o Johnny Cash de Cuba.
 
Aínda que xa tíña unha carreira consolidada, dende a publicación do icónico álbum Buena Vista Social Club no 1997, producido por Ry Cooder, a súa vida cambiaría para sempre como para sempre cambiou a historia musical de Cuba. A súa interpretación de temas como Chan Chan, El Cuarto de Tula, El Carretero, o Ay Candela disparou o seu éxito internacional, as súas xiras por todo o mundo e as súas colaboracións con artistas de prestixio como Bumbury, Aute, Jarabe de Palo, Pablo Milanés ou C. Tangana.
 
Este ano 2023, acaba de publicar un novo álbum titulado Guajiro, no que colaboran Rubén Blades ou Joan As Police Woman.
 
CIUDAD JARA
Sábado 7 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario
 
Ciudad Jara é un proxecto de Pablo Sánchez. O que foi durante máis de dez anos cantante, compositor e líder da banda internacionalmente coñecida como La Raíz lanzouse no 2019 cun novo proxecto.
 
Pablo Sánchez preséntase cunha formación de rock e rodeado de músicos de primeiro nivel. O seu estilo transita de xeito fluído e natural entre as distorsións de guitarra, a poesía, a canción popular, a sátira social e a sensibilidade do cantautor. Levando ao extremo os detalles e o coidado compositivo, cantando desde a garra e a profundidade poética.
 
Así, a principios do 2020, Ciudad Jara estreouse publicando o seu primeiro disco: Donde nace el infarto. Un álbum con estilos coma o rock, o folk, a canción de autor e pinceladas de música electrónica.
 
Dous anos despois, o grupo lanzou o seu segundo disco, Cinema, do cal moitas das súas cancións se crearon durante o confinamento a causa da COVID-19, e algunhas das mesmas tratan as consecuencias da pandemia.
 
Por outro banda, pese á súa corta traxectoria, Ciudad Jara xa recibiu galardóns, como o “Premio Odeón a Artista Revelación Rock 2022”. Ademais, foi a formación musical encargada de crear a canción orixinal da película Lucas, nominada aos Goya 2021.
 
Actualmente, o grupo está en plena xira La velada del lobo. Así, Ciudad Jara está a recorrer con gran aceptación todos os festivais de pop-rock e indie, como son o Granada Sound, Sonorama Ribera, FIB, Cruïlla, entre moitos outros e concertos en salas en solitario.
 
Nos apenas tres anos que levan no panorama musical, Ciudad Jara colaborou con artistas como Rozalén, Amaral, Delaporte, Rayden, Stay Homas, Luis e Pedro Pastor, Txarango, Mario Diaz, Antilopez, Rupatrupa…