Concurso de DJ’s en Lugo. A final celebrarase o 30 de setembro de 2022

Dentro da iniciativa Localmente Lucense está aberta a inscrición no concurso de DJ’s.

Os participantes disporán de 30 minutos na sesión de tardeo ou noiteo que se lles asigne para realizar a súa actuación.

As inscricións, que estarán abertas a todas e todos os interesados, maiores de 16 anos, totalmente de balde, xa se atopan abertas cubrindo o formulario da web www.localmentelucense.gal/concursodjs, onde tamén se poden consultar as bases.

O concurso levarase a cabo en dúas fases. Unha primera de preselección: durante os diferentes tardeos e noiteos de xullo, agosto e setembro, unha persoa do xurado rexistrará e valorará a sesión do/s aspirante/s asignado á mesma e de aí, finalmente, seleccionaranse ás tres persoas DJ’s que pasarán á final do concurso.

A final celebrarase no último tardeo Localmente Lucense, o 30 de setembro de 2022. No transcurso dun evento especial as tres persoas finalistas someteranse á decisión final do xurado profesional.

Premios do concurso

1º PREMIO:

  • Master class a cargo de DJ’s profesionais de recoñecido prestixio.
  • 3 actuacións nos eventos LocaLmente Lucense.
  • Sesión de fotos e videobook.
  • Diploma e certificado de clasificación.

2º PREMIO:

  • 1 Experiencia local Localmente Lucense.
  • 1 actuación nos eventos Localmente Lucense.
  • Diploma e certificado de clasificación.

3º PREMIO:

  • 1 Experiencia local Localmente Lucense.
  • Diploma e certificado de clasificación.