Xullo 2019 Falta saber a data e a hora pero o que é seguro e que «Def Con Dos» tocará nas vindeiras festas de San Froilán 2019. A piques de cumplir 30 anos sobre os escenarios, a banda referente do rap metal no Reino de España e máis alá das súas fronteiras, acosada nos últimos tempos polos «novos censores», terá nas festas patronais de Lugo un lugar onde descargar os seus temas cheos de verdades como puños …mal que lles pese a algúns.

A noticia a acaba de dar a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que aproveitou para sinalar que “escoitaremos as propostas de todas as veciñas e veciños e dos colectivos de Lugo” para ter unhas festas con variedade de estilos e programación. “Imos facer que estas sexan as festas de todas as lucenses”.