Xa podemos desfrutar do novo sinxelo dos lucenses Arrhythmia, «Espertei», adianto do seu novo traballo que sairá nos primeiros meses do 2022.

A temática deste novo traballo céntrase no paso da pandemia por riba das mentes humanas (visibilizar a problemática da saúde mental) e a loita de clases como bandeira.  

Para ver e escoitar o novo traballo hai que agardar, non para ver e escoitar o adianto, neste videoclip realizado por Álvaro L. Barreiro, un dos membros da banda: 

 

Arrhythmia

Arrhythmia é unha banda que mestura metal, rap e electrónica con letras en galego. Mellor banda metal no 2018 nos Premios Galegos da Música e gañadores do Band Contest do Resurrection Fest en 2019.