Programa do VIII Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI

A área de Cultura e Turismo organiza durante os días 4, 11, 13 e 21 de decembro o VIII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI “Conversando co Presente”, na que se devolverán concertos e charlas baixo a dirección artística de Diego Ventoso. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que “nesta edición exploraremos o diálogo como elemento omnipresente no feito musical a través de diversas composicións procedentes de diversas xeografías e na que tamén estará presente a danza”.

O auditorio municipal Gustavo Freire acollerá o día 4 ás 20:30 horas o concerto ‘Brumario’, coas interpretacións de Javier Martín e Vertixe Sonora, e o día 21 ás 20:30 horas co concerto ‘Conversando con J.S. Bach’ coa participación do Ensemble de clarinetes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes.

Por outra banda, o MIHL acollerá o día 11 ás 20:30 horas o concerto ‘Impulsos’ de Vertixe Sonora e o día 13 ás 18:00 horas “A Maxia dos sons” do Dúo Sául Costa e José Vicente Faus.

O día 13 ás 17:00 horas no MIHL desenvolverase unha charla impartida polo Dúo Sául Costa e José Vicente Faus co título “A Maxia dos sons” como actividade complementaria ao concerto.