Contra vento e marea, contra pandemia e restricións, o Club Clavicémbalo de Lugo continúa coa súa programación cultural sendo todo un exemplo de #culturasegura e de resistencia activa apoiando ás xentes da cultura e a Lugo, como cidade con programación continua de concertos e outros espectáculos nestes tempos que corren. Todo grazas ao Clavi, que esta Semana Santa trae en concerto a:
Xoves 01: Wicked World
Grandes clásicos do rock e heavy: Led Zeppelin, Guns and Roses …
Venres 02: Forget la France
Grupo pop-rock e indie desde Outeiro de Rei.
Sábado 03: Jam Session con grupo base…e aberta a outros músicos (Os músicos participantes deben levar o seu propio instrumento)
Domingo 04: Flying Boogaloos
Garaje – surf
Todos ás 13 horas
Protocolos de seguridade de medidas hixiénico- sanitarias
Aforo Reducido.
Reservas en club@clavicembalo.com