Unha reportaxe patrocinada por: Vicepresidencia Deputación de Lugo:

Fotografías de I. Mouronte e Marcos Loopez.

Lugo volveu reafirmar o seu compromiso coa lectura e coa cultura coa celebración da 40ª edición da Feira do Libro, entre o 13 e o 17 de maio, na Praza Maior.

A feira reuniu casetas de venda de libros, presentacións literarias, recitais poéticos, obradoiros infantís, espectáculos familiares e sinaturas de autores.

A Vicepresidencia da Deputación colaborou coa Feira para promocionar a lectura e dar a coñocer as súas publicacións na caseta do «Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo» e na carpa de presentacións de libros, como a presentación das obras «Conciencia dunha tradición. A olería de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós» e «Mil documentos sobre a Muralla Romana de Lugo» de Adolfo de Abel Vilela.

A deputada de Cultura, Iria Castro, estivo presente na inauguración, destacando que «desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsamos a programación e contamos cunha caseta do Servizo de Publicacións con todas as nosas novidades e títulos destacados.» 

O acto inaugural contou co pregón do poeta Lois Pérez, quen reivindicou o papel da literatura como ferramenta de pensamento crítico e cohesión social.

Iria Castro. Deputada de Cultura Vicepresidencia Deputación de Lugo, durante a inauguración da Feira do Libro de Lugo 2026.
FOTOGRAFÍAS DA INAUGURACIÓN:
PRESENTACIÓN DE OBRAS DO SERVIZO DE PUBLICACIÓNS: 
A caseta do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, un escaparate da memoria e da cultura provincial

A presenza da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación volveu converterse nun dos puntos de maior interese cultural da Feira do Libro de Lugo grazas á actividade da súa caseta de publicacións institucionais. A través do Servizo de Publicacións, a institución provincial achegou ao público unha ampla selección de obras centradas na historia, o patrimonio, a etnografía, a literatura e a identidade cultural lucense.

O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo mantén desde hai anos unha aposta clara pola edición de traballos especializados sobre o territorio lucense, especialmente aqueles relacionados coa conservación da memoria histórica, o patrimonio material e inmaterial e os estudos culturais galegos. A entidade participa habitualmente nas principais feiras do libro da provincia con caseta propia, reforzando así a difusión das súas publicacións e o apoio ao sector libreiro.

«A biblioteca estrafalaria» de Cris de Caldas, foi unha das propostas familiares para a promoción da lectura promovidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo:

Nun contexto no que a Feira do Libro de Lugo reuniu librarías, editoriais e actividades para todos os públicos, a participación institucional da Videpresidencia da Deputación contribuíu a reforzar a dimensión patrimonial e divulgativa do evento, consolidando a Praza Maior como un espazo de encontro arredor da lectura e da cultura galega