Outubro 2018 Saltou a sorpresa na redacción. Se de boquilla a xente decía Marky Ramone, Myles Sanko, Barbarian Prophecies  ou Heredeiros da Crus – e ata Hombres G! – , nas votacións con luz e taquígrafo para elexir o mellor concerto do San Froilán 2018 o gañador ou gañadora foi: N A T H Y  P E L U S O .

O ilustre ilustrador de Viva o San Froilán, Iván Mouronte, fixo esta ilustración chea de agarimo e amor (da redacción de Viva Lugo) pola Nathy. Aquí tamén podes ver fotos do concerto.