Outubro 2019 As actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos comezan xa neste 28 de outubro, e se estenderán até o 18 de novembro.
O IV Concurso de Fotografía “Estampas de Paz e Acougo” terá lugar do 29 de outubro até o 19 de novembro, e nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Premiaranse tres fotografías, con 500, 200 e 100 euros cada unha.
No día de Santos, o Cemiterio encherase de música clásica de 11 a 13:30 horas e de 16 a 17 horas. O día 2 ás 17:30, a corporación municipal fará a súa ofrenda floral a todos os defuntos do Cemiterio. Nesta ocasión, a ofrenda será realizada por Uxío Novoneyra, fillo do poeta.
A esperada interpretación de Don Juan Tenorio terá lugar o día 9 ás 20:30, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 21, neste caso ás 19:30. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas O día 24 terá lugar o Faladoiro de Defuntos a cargo do grupo de teatro Achádego ás 19:00, cun total de 50 prazas.
As actividades foron presentadas por Cristina López, Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, xunto con Pomba Luxilde, de Palimoco Teatro,